A XUNTA DEBE ESTABLECER COMPENSACIONS ECONÓMICAS POLOS ESTRAGOS DOS TEMPORAIS NA LIMIA

A Consellería de Medio Rural  non ten posto en marcha ata agora nengunha liña de actuación “positiva” para a economía da  Comarca agropecuaria mais dinámica do Sur do Pais.

A Limia, 10 de Marzo de 2010. Desde a FRUGA, que mantivo unha reunión con Presidentes das Comunidades de Regantes da comarca, úrxese á Consellería de Medio Rural a que estableza un plan de compensacions dos estragos calamitosos que a sucesion de temporais ten derramado o 80% do cereal de inverno (segundo estimacions as perdas cuantificadas sumarian mais de medio miilón de euros nas 8000 Has atinxidas) e danos numeros en infraestructuras agropecuarias. Aos danos referidos habería que sumar os problemas para acometer traballos nas parcelas para resementar cereal e preparación das parcelas para pataca.

FRUGA recolle a sensación de desamparo, por parte da  Administración Autonómica, que hai entre os lavradores da Limia, xa que “chove sobre mollado”, se sumamos aos danos recentes a grave situación dos prezos da pataca e a declaración da ZEPA, polo que non se entende esta actitude de desleixo reiterado contra a comarca.

Dada a confluencia de problemas no tempo a FRUGA demanda compensacions económicas que palien as perdas por lucro cesante das colleitas perdidas e gastos nos traballos de resementeira, así mesmo recordar a Consellería de Medio Rural que habilite mecanismos interprofesionais de interlocución para a pataca e  se revoque inmediatamente o Decreto de declaración de ZEPA para proceder a negociar alternativas ao respecto.