A Limia, 17 de Marzo de 2010. -Agricultores da comarca da Limia, encabezados por Xurxo Álvarez mantiveron o pasado día 16 de marzo unha xuntanza co Presidente da Deputación de Ourense. En dita reunión reiterouse, unha vez mais, o rexeite contra a declaración ZEPA polos perxuizos ás actividades agrarias como limitacions a investimentos en infraestructuras rurais previstas. Xurxo Alvarez comentou ao Presidente da Deputación, Xosé Luis Baltar, que a Unión Europea non obriga en nengun sitio que a ZEPA da Limia teñan que estar onde se decretou e que se pode procurar alternativas de localización. O Presidente da Deputación recoñeceu que actual partido no Governo da Xunta “enganou” a cidadanía cando se afirmara que non habería ZEPA, é por iso que para tentar paliar a impostura se solicitou unha reunión co Director Xeral de Conservación da Natureza para a semana seguinte e que parte da Deputación porase todos os medios económicos e humanos para calquera dictámen ou informe técnico que se precise, mesmo “se hai que ir a Bruxelas”. Entre os asistintes á reunión concordaron en que as actuais actividades agropecuarias da Limia non teñen atinxido ás poboacions de aves que niñifican na zona, mais ben ao contrario medraron, e tamén en que hai posibilidades de ubicar unha ZEPA en areas circundantes onde a intensificación agrícola é menor. Por parte da FRUGA se recollerá o apoio da Deputación de Ourense e non aforrará nengun esforzo para que se paralize o actual Decreto de ZEPA e se negocie unha alternativa consensuada na comarca, xa foi por parte da FRUGA anunciado a interposición dun contenciso administrativo contra a decisión da Xunta. A FRUGA oponse áos “remendos” que propoñen desde a Xunta do Partido Popular como é a elaboración de salvagardas no Plan Director da ZEPA, xa que en palabras do Presidente da FRUGA, “o Plan Director ten que someterse a Leis de maior rango”, a única alternativa viable é a derogación da ZEPA actual e plantexar outra.