A XUNTA DE GALIZA NEGASE A BUSCAR UNHA SOLUCIÓN REAL AO PROBLEMA QUE XEROU COA DECLARACIÓN DA ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE AVES (ZEPA) DA COMARCA DA LIMIA.

O Director Xeral de Conservación da Natureza e o Delegado Provincial da Xunta de Galiza en Ourense ofrecen o desenvolvimento do Plano Director como a solución ao problema, cando eles saben que esa non é a verdadeira solución.

A Limia, 7 de Abril de 2010.- No día de hoxe tivo lugar unha reunión entre os Presidentes das Comunidades de Regantes da Limia, acompañados do Presidente da Federación Rural Galega (FRUGA), e unha delegación da Xunta de Galiza encabezada polo Srs. Garcia-Borregon (Director Xeral de Conservación da Natureza) e Rogelio Martínez (Delegado Provincial de Ourense).

O motivo da reunión tiña a ver coa publicación do Decreto 411/2009, de 12 de novembro, polo que se declara a Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA) da comarca da Limia, o que está a provocar un grande malestar entre os titulares das explotacións agro-gandeiras da comarca polos impedimentos que esta figura comporta para o desenvolvimento das suas actividades.

O primeiro que queremos manifestar é o noso desagrado pola actitude mostrada polo Sr. Delegado Provincial ao impedir a asistencia de todos os Presidentes das Comunidades de Regantes e mesmo chegando a questinoar a sua represntatividade.

E como a reunión xá empezou mal o loxico é que tamém rematara mal, e asi foi, pois a proposta que nos fixeron chegar os representantes da Xunta de Galiza basease no desenvolvimento do Plano Director, cando eles mesmos recoñeceron, na propia reunión, que este non era a verdadeira solución ao problema que se vai crear, coa inclusión na ZEPA da totalidade das zonas de cultivo, ao desenvolvimento das actividades agro-gandeiras.

Ao noso entender a solución ás dificultades que se van ocasionar para desempeño das nosas actividades agrícolas e gandeiras, pasa pola modificación da delimitación da mesma excluindo dela a totalidade das zonas de cultivo e a sua extensión cara as zonas mais despovoadas, de non ser así os cultivos de patacas e cereal así como as granxas da comarca da Limia estan ameazados de morte.

Consideramos que a inclusión das zonas de cultivo na ZEPA é unha traición da actual Xunta de Galiza, xá que o Presidente en exercicio, Sr. Nuñez Feijoo, nalgun acto público, cando ainda era o lider da oposición, comprometeu-se a que se ganaba as elecións trabaría a declaración da ZEPA da Limia. Agardamos que o Partido Popular (PP), non volva a “patinar”, e rectifique a sua actual posición e procure buscar unha solución a este problema tan grave que pon en perigo o futuro da Limia, porque de non facelo a Limia convertirase, nun futuro non moi lonxano, nunha zona abandonda e desertica como o é hoxé unha parte importante das comarcas do interior da Galiza, nin esistiran nen labregos nen aves.