A OPOSICIÓN Á ZEPA É XA UN CLAMOR

Participaron, ademais da FRUGA, representada no seu Presidente Xurxo Álvarez, representantes das Comunidades de Regantes,  vários alcaldes da comarca, e o compañeiro da Unió de Pagesos Andreu Ferré, ademais de persoal técnico da própria FRUGA.

Numerosos/as afectados/as ateigaron a Casa da Cultura de Xinzo

A Límia, 17 de Abril de 2010.- Crónica dunha Asemblea que vai marcar un antes e un despois na conformación da ZEPA da Límia.

O pasado venres día 16 de abril celebrouse unha concurrida Asamblea de
agricultores/as atinxidos polo Decreto da Zepa e que convocaron FRUGA e
Comunidades de Regantes, mais de duascentas persoas que ateigaron a Salón
de Actos da Casa da Cultura de Xinzo de Limia. Entre os asistentes atopábanse
alcades e representantes de 6 concellos da comarca; ademais, destacar a
presencia do Senador Xosé Manuel Pérez Bouza e o Deputado o BNG e
Ex-conselleiro de Medio Rural Alfredo Suárez Canal.

A reunión non tiña por obxecto debatir se ZEPA non ou si, se non ver as
accions a tomar para anular o dito decreto. Por parte das Comunidades de
de Regantes falou Xosé Manuel Nieto,  que fixo as funcions de moderador, e que
enfatizou que o pobo esixe a reparación do dano que supón o Decreto, motivo polo que se convocaron aos alcaldes/esas da comarca. Continuou a Avogada
da FRUGA Belén Rodŕiguez, que  informou do Anuncio de Contencioso
Administrativo contra o Decreto da ZEPA e no complexo proceso que hai
por diante. Logo veu  a aportación valiosa de última hora de Andreu
Ferré da Unio de Pagesos, coa cal a FRUGA mantén contactos de
colaboración, e na que fixo unha análise do acontecido na Provincia de
LLeida e que ten moitas semellanzas co da Limia.

Andreu, como Coordidador Técnico da Unió de Pagesos, tomouse a molestia
de estudiar o expediente da ZEPA da Limia e sinalou moitas deficiencias
no proceso de información pública, o que pode supor boas perspectivas do
éxito do Contencioso anunciado. Tamén comentou André que as ZEPAs non
teñen por que perturbar os aproveitamentos agrarios e non por iso se
debe cometer a inxustiza de eliminar os regadios proxectados, os páxaros
non len os decretos da Xunta e polo tanto non discriminan entre
explotacions que poden estar fora ou dentro da ZEPA, en todo caso na
opinión de Andreu este Decreto deixa moitísima discrecionalidade ao Sr.
Conselleiro para definir o que é posible facer ou non, que é iso de
aproveitamentos tradicionais?.

Para rematar Xurxo Álvarez, Presidente da FRUGA, fixo un repaso do que
se fixo ata agora, comenzando pola reunión coa Deputación Provincial de
Ourense e no que se garantiu o apoio aos agricultores/as da Limia e
aparte de apoiar os dictamenes e estudios que se realizen para apoiar as
accions legais contra o Decreto da ZEPA. O que xa non foi tan positiva
foi a reunión mantida co Director Xeral de Conservacion da Natureza, o
Sr. Borregón, e que non tivo a mais mínima consideración ás alegacions e
argumentacions presentadas pola FRUGA e as Comunidades de Regantes,
valoración aparte merecería a pouca cortesía amosada polo Delegado da
Xunta en Ourense, o Sr. Rogelio Martínez.

Xurxo comprometeu ante os asistentes a decidida loita xa anunciada, e que
ese Decreto vai ter que ser anulado e por tanto voltar a situación
anterior e negociar unha saída alternativa que satisfaga a todas as
partes, non se vai negociar nengunha saída a través do cacarexado Plan
de Xestíon, xa que como Andreu puntualizou, non se pode prometer un Plan
de Xestión que supostamente non proiba nada e que Bruxelas o aprobe se
efectivamente falamos dunha ZEPA, esta cuestión seguirá enchendo páxinas
no futuro inmediato.

Na mesa, Xose Manuel Nieto, Andreu Ferré e Xurxo Álvarez