NOVO ÉXITO DAS CATAS ORGANIZADAS POLA AGV – FRUGA

Os e as participantes amosaron un coñecemento importante dos nosos viños

No Hotel Méndez Núñez, senlleiro edificio onde saliu o Manifesto da Asamblea Nazonalista en 1918, realizouse unha actividade mais da Campaña de Promoción de Viños Galegos, nesta ocasión  coa colaboración da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo e patrocinio da Vicepresidencia primeira da Deputación Provincial de Lugo. O público asistenta compúñano hosteleiros, cociñeiros, sumilleres e algun que outro inicidado/a.

27 de Abril de 2010.- Como en anteriores ocasións Fernando Rodríguez iniciou o coñecemento das etapas da cata coa fase visual, olfativa e gustativa, non faltaron os aromas básicos e finalmente unha cata a cegas de dous viños. Na segunda xornada coa cata dos Xenéricos dos Consellos Reguladores estiveron por parte da DO Ribeiro José Angel Martínez e como catador Roberto Regal. Roberto sinalou a potencia e frescura dos 2008 e 2009 que se seguiron ata un número de 8 viños das 5 Denominacóons de Orixe Galegas.

No último día Roberto Regal voltou a oficiar a cata dos viños de marca nos que comenzou polo Acinus 2008 da adega de colleiteiro Alfredo Pires de Gomariz, na que destacou a frescura que tiña sendo un 2008. Pasouse despois ao Pingadelo Godello 2009 da DO Valdeorras, e que foi introducido polo enólogo da Cooperativa da Rúa Julio Ricarte, este viño é unha aposta renovada  cara un viño branco posicionado na élite, nas palabras de Julio, o Pingadelo Godello é un viño de 3ª xeración na Cooperativa e vai ser vendido nun 80% nos EEUU, de feito os asistintes á cata foron os primeiros en degustar o viño.

Contiunando cos brancos probouse o Gran Novás Albariño 2009 por parte das Rias Baixas, o viño en cuestión é da Adega Gran Novás do Rosal e foi introducido por Jorge Cardoso, un dos socios da dita Adega, o viño destacou a sua procedencia de acreditada fama nos monovarietais como nos “coupages” con caíño branco e loureiro.

Xa cos tintos tivemos o Cividade Mencía 2009 da subzona Amandi da DO Ribeira Sacra, o viño foi introducido por María Xesús López,  e sobre o viño sairon todas as fatigas e esforzos por sacar entre pedras e muras unhas cepas, mesmo centenarias nas palabras de María Jesús. No remate probouse o Ladairo Mencía 2009 da DO Monterrei, que xa é un viño moi coñecido e afamado polas suas distincions e premios recibidos, nesta ocasión contouse coa presencia de Antón Bao, Vicepresidente 1º da Deputación Provincial de Lugo, e que deu clausura ás xornadas.