A Axencia Galega para o Desenvolvimento Rural (AGADER), anuncia que se van perder os fondos do Programa Leader da anualidade 2009.

A Consellería do Medio Rural nega-se a pór a parte que lle corresponde para fazer frente ao pagamento da anualidade de 2009.

Compostela, 19 de Maio de 2010.- Nunha reunión celebrada recentemente, unha responsábel da Axencia Galega para o Desenvolvimento Rural (AGADER) ven de anunciar aos e ás xerentes dos Grupos de Desenvolvimento Rural (GDR) que se van a perder os fondos do programa Leader correspondentes coa anualidade de 2009. De ser isto certo todos os proxectos aprobados e non executados nese ano ficarían sen fiananciación.

O programa Leader está incluido dentro do Programa de Desenvolvimento Rural 2007-2013 de Galiza aprobado por Decisión da Comisión Europea. A financiación deste programa corre a cargo da Unión Europea a traves do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvimento Rural (FEADER) na porcentaxen do 57,56%, do Estado Español co 21,42% e coa aportación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galiza do 21,02 restante.

O argumento empregado por AGADER, para xustificar a imposibilidade de pagar aos GDR esta anualidade  ten a ver coa interpretación que fai do artigo 45 da Lei de Orzamentos de 2009, mas a interpretación desa norma non está clara a decir dos expertos conultados pola Federación Rural Galega (FRUGA). Segundo estes, os fondos do ano 2009 non pagados nese ano non estan perdidos, porque os fondos aportados tanto polo FEADER como polo Estado Español estan na contabilidade da Xunta en situación retención de crédito, para o ano seguinte.

O que deberían ter feito os responsábeis de AGADER, era negociar para que nos orzamentos de 2010 se incluiran os fondos propios necesarios para desbloquear os fondos aportados polo FEADER e polo Estado Español, deste xeito xá se poderían incorporar e dispor dos fondos que non se executaron no ano 2009.

Ao entender de FRUGA este procedimento irresponsábel por parte de AGADER pode obedecer a tres motivos, un deles pode ter a ver coa incompetencia e incapacidade dos responsábeis deste entidade dependente da Consellería do Medio Rural, ou mesmo ao escaso peso político desta Consellería á hora de negociar os orzamentos do ano 2010, ou ao intento por parte de AGADER de dificultar o funcionamento normal dos GDR, facendo recaer sobre estes o axuste orzamentario, aproveitando esta situación para atacar as liñas directrices emanadas do PDR aprobado pola anterior Consellería.

Un dato elocuente sobre este comportamento temo-lo ao analisar os datos sobre a execución orzamentaria do 2009 da Dirección Xeral de Desenvolvimento Rural, da que depende AGADER, que nos dí que a execución foi de 2,11%, unhos 800.000,00 €, frente aos 40 millóns de euros executados no ano 2008, que repesentaron o 97,64% do orzamento desta Dirección Xeral.

POSICIÓN DE FRUGA.

Non é certo que a anualidade correspondente ao 2009 se vaia perder. O que ten que facer AGADER é orzamentar os fondos propios para deste xeito desbloquear os procedentes do FEADER e do Estado Español, que estan en situación de retención de crédito.

Non é certo que os problemas de liquidez dos GDR se deban a problemas legais derivados da Conselleria anterior, senon á incapacidade ou á mala fé dos actuais responsábeis de AGADER, e polo tanto:

Demandamos da Conselleria de Medio Rural que se poña as pillas e proceda a negociar coa Consellería de Facenda o desbloqueo dos fondos correspondentes ao ano 2009.