As actividades desenvolvéronse nas instalacións da Cooperativa Eidosela, de Arbo.
Arbo, 4 de Xuño de 2010.- No mes de abril a AGV-FRUGA, coa colaboración de FORGA-CIG, realizou un curso de 30 horas sobre Defensa Vexetal e Enxerta na Cooperativa Eidosela de Arbo. Ao curso asistiron mais de 25 persoas, a maioría socios da Cooperativa e na que se abordaron tanto cuestions relacionadas coa protección fitosanitaria (impartida por Xosé Manuel González Vilas) como a metodoloxía do enfoque integrado ou loita razoada, o enfoque ecolóxico, as familias de productos fitosanitarios e as suas precaucions a ter en conta.
Por parte de Francisco Rego acometeuse a explicación da enxerta e a sua posta en prática para que nunha maña de sábado soleada se fixeran varios enxertos en verde, que é a técnica mais apropiada para esta época do ano e que consiste en xuntar gromos herbaceos (verde) con patrón agromado. Os
responsables da Cooperativa realizaron un documentaio desta actividade, xa disponíbel en en “youtube” e que agardamos incorporar en breve a esta páxina..
Por parte de Vilas noutro sábado fíxose unha introducción prática á elaboración de defensivos naturais e biofertilizantes. Neste caso comenzouse a preparar maceración de ortiga e o Biofertilizante Supermagro,
este último deseñado no Sur do Brasil hai mais de 10 anos para fortalecer a resistencia a pragas de arbores froiteiras e horta. O preparado de ortiga é un bioestimulante moi coñecido que vai ben en moitos cultivos e que favorece as defensas naturais das plantas. Os biofertilizantes por via foliar reforzan o equilibrio metabólico interno e fan que a pragas teñan dificultades en xugar a saiva da videira xa que non atopará os compostos simples que son a verdadeira causa de moitas emfermidades vexetais.
Tanto os enxertos como os preparados serán testados para avaliar a eficacia das ensinanzas postas no curso.
Tras o curso se ofreceron uns petiscos con viños da Cooperativa como Albariño Eidosela 2008 e 2009 e o Arbastrum Condado (Albariño, Treixadura e Loureira).