A VENDA SEN INTERMEDIARIOS: BENEFICIO PARA @ CONSUMIDOR/A, BENEFICIO PARA @ PRODUTOR/A

Maquina expendedora d´A Portela

Compostela, 5 de Xullo de 2010.- O pasado 24 de Xuño comezaba a funcionar na Praza de Abastos de Compostela a primeira máquina expendedora de leite instalada na capital da Galiza. A iniciativa, obra da Gandeiria A Portela, de Touro, suma-se à de outros compañeiros e compañeiras organizad@s na Federación Rural Galega que percuran fórmulas de comercialización que acheguen comprador/ e vendedor/a, fuxindo de intermediários e criando redes de confianza entre uns/has e outr@s.

As prazas de abastos tradicionalmente foron e seguen a ser o ponto de encontro entre @s produtores/as das inmediacións destas e @ consumidor/a que sabe perfeitamente que  no seu emprazamento vai topar as producións agro-gandeiras da contorna, colleitadas apenas horas antes da sua comercializaçom. Ademais é posíbel topar outra serie de produtos (viños, queixos,…) elaborados e comercializados pol@s propi@s praceir@s. Neste tipo de transaccións estabelece-se unha relación mais alá do comercial que fai deste tipo de comercio tradicional  un contrapunto aos modelos  tipo super ou centro comercial.

Asi cada vez son mais os produtores e produtoras que pasan da teoría à prática e fan o camiño de volta a estes modelos tradicionais de comercialización, mesmo innovando-os, como a Gandeiria A Portela, de Vilar, Touro, que opta pola comercilalización do seu leite fresco mediante máquinas expendedoras, neste caso deseñadas por eles mesmos e manufacturadas na Galiza.

No mesmo espazo da Praza de Abastos de Compostela, e desde hai xa varios meses, estabeleceu o seu ponto de venda a Adega Moraima, de Barro, Pontevedra, desde o que oferta, aparte do seu viño D.O. “Rias Baixas” o doutros colleiteiros e colleiteiras  que topan nesta fórmula unha maneira de apresentar e promocionar o seu produto de xeito diferenciado e xogando coa proximidade ao cliente final.

No mesmo cenario da Praza de Abastos compostelá hai anos que se estabeleceu a Casa da Quenlla, estabelecemento de froitas e verduras ecolóxicas procedenes da explotación agro-gandeira de Pilar Vispo en Camanzo, Vila de Cruces, que ven a demostrar como unha explotación ven dimensionada é perfeitamente compatíbel coa venda ao público neste tipo de entorno e mesmo complementábel coa venda doutro tipo de produtos ecolóxicos elaborados.

Estos sócios e sócias da FRUGA son un exemplo de que outro tipo de comércio é posibel e moitas veces é só cuestión de por en prática as receitas de venda tradicionais, aproveitar as estruturas comerciais das que secularmente se dotou a nosa povoación, e sendo conscientes da necesidade permanente de inovación e posta ao dia que require a nosa sociedade.

Posto da Casa da Quenlla
Posto da Adega Moraima