A FEDERACÍON RURAL GALEGA (FRUGA) ALERTA SOBRE A MAIS QUE PROBÁBEL DESCIDA DO PREZO DO LEITE PARA O 40% DAS EXPLOTACIÓNS GALEGAS.

O Decreto 57/2010 da Consellaría do Medio Rural sobre o rexistro de explotacións leiteiras de calidade diferenciada vai provocar a discriminación do 30% do leite galego.

Compostela, 12 de Xullo de 2010.- A Consellaría do Medio Rural no mes de abril publicou o Decreto 57/2010, polo que se crea o Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada. O mais chamativo deste Decreto é que establece que, nese rexistro público informativo, se incluiran as explotacións leiteiras que entre outros requisitos apresenten parámetros de calidade superios aos que establece a normativa comunitária.

Segundo a normativa europea o leite  estandar das explotacións leiteiras da UE ten de ter menos de 100.000 xermenes e menos de 400.000 células somáticas, pela contra o Decreto da Consellaría establece que, para que as explotacións galegas podan figurar neste resixtro, teñen de apresentar menos de 90.000 xermenes e menos de 350.000 células somáticas, sen que esto implique que o prezo a perceber por este leite vai a ser superior ao do resto das explotacións.

Desde FRUGA, amosamos a nosa preocupación polo que pode significar a aplicación deste Decreto para boa parte as explotacións leiteiras galegas. O motivo da nosa preocupación ven dado porque ao noso entender este Decreto pode ser utilizado por parte das empresas recolledoras para pagar ainda menos do que estan pagando ás explotacións que non reunan as novas condicións que establece este Decreto. De tal xeito que teriamos, segundo os nosos datos, que o 40% das expltacións, e o 30% do leite, que non reunen estas condicións, poderian ficar expostas a que as industrias lles impuxeran prezos inferiores aos que neste momento se estan a pagar, prezos que, a maior abundamento, non chegan nen para cubrir os custes de producción.

A isto temos de acrescentar-lle as noticias aparecidas a respeito do que ten acontecido no seo do Laboratorio Interprofesional Galego de Analise de Leite (LIGAL). Resulta que na reunión da Xunta Directiva do LIGAL, celebrada o dia 21 de Xuño procedeuse a modificar a composición da mesma ficando fora dela as empresas galegas (FEIRACO e LEITE RIO) e os representante do sector produtor (UCAFE e USAG).

Desconfiamos se estas baixas na composición da Xunta Directiva poden responder a maniobras escuras, por parte das industrias españolas da FENIL co beneplacito das organizacións agrarias e propiciadas desde a mesma Consellería do Medio Rural, para ir pondo os alicerces para establecer os parámetros do Decreto como base para proceder ao pago do litro de leite ás explotacións galegas.

A maior afundamento, e para aumentar as nosas sospeitas, preocupanos tamén a postura da Consellería de Medio Rural a respeito dos Contratos Homologados do leite. Ao noso entender a Consellería, en función das suas responsabilidades políticas, está obrigada a actuar como axente promotor e controlador dos mesmos, papel que renunciou a executar desde o mesmo momento no que procedeu a dinamitar a comisión de seguimento que constituira a anterior equipa de goberno da conselleria nacionalista, sen que se escoiten voces críticas con este comportamento.

Tendo de conta os antecedentes acima relatados, e dada a dificil situación do sector, desde FRUGA consideramos que a profundización na situación de indefensión das explotacións leiteiras da Galiza está servida.