O noso rural ten futuro.

Autor: Xabier Bruña Garcia.

A pesar das declaracións de Juárez, nas que considera que o despoboamento da nosa terra non ten remedio, o noso rural está vivo e ten futuro

A renuncia do PP a traballar polo rural

Na comparecencia do conselleiro do medio rural o pasado 31 de maio no parlamento, quedou patente a despreocupación e a falta de interese que o PP ten polo noso rural. Teñen, certamente, detectado un dos maiores problemas que temos no noso territorio que é o despoboamento (especialmente no interior de Ourense e Lugo), mais na vez de poñerse a traballar para solucionar o problema, afirman que non ten solución e renuncian a defender o que é noso. Que representante renuncia a loitar polo que se lle ten encomendado? Con que lexitimación se mantén no cargo quen di que non ten que facer? Como se pode permitir tal neglixencia? Quen vai pagar as irresponsabilidades de non actuar no presente?

Continuar lendo en http://www.terraetempo.org/artigo.php?artigo=1723&seccion=6