Viños e historia polas terras da comarca de Monterrei

Adega Boo Rivero en Vilaza (Monterrei)

O día 19 de xuño unhas 50 persoas integrantes da Asociación de Viticultores San Martiño de Bueu en colaboración coa AGV desenvolveron unha xornada de visitas e lecer na Comarca de Monterrei, ben de mañá comezou a xornada na Adega Boo Rivero de Vilaza Monterrei, foron recibidos por Cristóbal Boo (viticultor, técnico e fillo do fundador) que explicou que a adega foi unha das últimas en formar parte a DO Monterrei, ten un volumen entorno aos 110.000 litros que parten das aproximadamente 25 Has de viñedos con vides de mencía, bastardo(sinónimo do merenzao ou maría ordoña), arauxa (ecotipo que forma parte do tronco varietal do tempranillo-cencibel-tinta de toro-tinta rouriz, etc.), godello e treixadura para conformar os seus viños de “coupage”.

As produccions en viña son moi controladas, entre   4000 e 5600 quilos/ha coa idea de ter suficiente superficie de follas que protexa do forte sol que hai na comarca, os viños brancos acadan unha media de 13º e nos tintos 14º, consonante coas características desta comarca tributaria do rio Douro.

Os solos teneñ predominio na textura franco-areosa e as temperaturas poden oscilar entre os -10º ata os 45º, do mais extremo no pais, os tratamentos fitosanitarios son mínimos, 3-4 voltas co mildeu e 1  de xofre.

En palabras de Cristobal buscan uvas equilibradas en pH e grado, e pouco mais, no que respecta aos viños brancos non fan maceracións en frio xa que os terpenos amargos de que parten non o aconsellan, 3-4 trasegas e engaden moi pouco sulfuroso, case como os denominados viños “ecolóxicos ou naturais”.  A clave para acadar isto é limpeza e depósitos sempre cheos. No que respecta ao mercado conseguen exportar entre o 30-40% da elaboración que maioritaria no apartado de brancos.

Tras a visita e explicación en adega nun local habilitado na adega se probaron os viños brancos e tintos coa marca Fragas do Lecer xunto a Delfín Boo, pai de Cristobal, na proba ben acompañada por un bocado que se agradecía nese momento a xente falou co cataviños na mao, do éxito da adega testemuña a imposibilidade de comprar o viño tinto antes de marchar, Delfín despediuse amablemente ao marchar no bus.

Adega Triay no Rosal (Oimbra)

Na seguinte visita chegamos a pequena localidade de O Rosal, homónima do Rosal do Baixo Miño e tamén afamada polos viños da afamada Ladairo. Antonio Triay nos recibiu na sua adega sita no conxunto da vivenda familiar, que ten unha capacidade máxima de 50.000 litros e que xa consiguen exportar a outras zonas do Estado e Alemaña, como anécdota a venta que consiguen vender de viños nas Baleares xa que o apelido Triay e orixinario de Menorca.

Sobre unha base de 5 Has con terras de predominio barrento elabora viños brancos (godello) nun 75% e tintos (mencía) 25%, que se puideron degustar na mesma zona de elaboración, o que vai comprobando é a personalidade arrebatadora dos viños de Monterrei, algo que os que coñecen non deixan de repetir, viños cálidos mais coa frescura precisa, apesares do clima forte, mais tiñamos que seguir aínda.

Xico de Mandín (Verín)

Chegamos a onde a Raia Seca non deixa enxergar ben en que lado estamos, Franciso Pếrez Diéguez, coñecido como o Xico nos estaba xa esperando para recibir a comitiva que nun pobo como Mandín non pasa inadvertida, o Xico é un dos grandes personaxes da comarca que loitaron pola creación da DO Monterrei xa hai anos e temos a sorte de poder coñecer as suas singulares elaboracións na que a mistura de todas as castes posibles, aparte das citadas de antes estaría a dona branca (sinónima de moza fresca) e outros aportes  menos coñecidos como a “zamarrica” en tintas.  A adega foi do agrado dos visitantes por semellaba a pose artesanal dos “furanchos” do Morrazo, aínda así tiña todos os adiantos tecnolóxicos necesarios. Nesta visita foi todo “a vontade” e pesares do forte sol se cataron tintos (do ano e barrica) e brancos xunto a chacinas e queixos artesanais.  A producción da adega é realmente escasa (sobre 5000-6000 botellas) polo que unha visita resulta a mellor maneira de acadar o viño coas marcas Couto Mixto (Branco e Tinto ) e Arou (tinto).

Comentar que o Xico na súa viticultura aparte da tradición local aposta pola ecoloxía e minimiza os tratamentos que nalgún ano fala de 1 volta contra mildeu e outra de xofre, todo isto se reflexa nos viños.  Antes de lanzar o seu viño o Xico xa era coñecida pola sua Taberna sita no mesmo pobo e que abre nos meses de estío.

Xantar no Restaurante Zapatillas en Verín

Da crónica non se salva o restaurante xa se tivo a sorte de coñecer unha gastronomía galega “evolucionada” na sorte de entrantes variados e un espectacular entrecosto, o destacable é que o titular do Restaurante, Antonio Diz, tamén e adegueiro da afamada Quinta do Buble,  e así foi que a xantar foi regado con Quinta do Buble mencía barrica 2009 e Quinta do Buble godello 2009, desde logo unha combinación inmellorable.

Á sombra da fortaleza de Monterrei

Apenas 2 canons quedan aínda apuntando na muralla sur ao antigo Reino de Portugal, sei que os outros xa os roubaron ou foron para o Paseo do Parrote na Coruña,  de todos xeitos que non volten aqueles tempos que son historia, como o antigo nome que tiña a comarca; “Terras de Baronceli”. Foi así que logo do xantar subiuse ao conxunto fortificado de Monterrei, que resulta nunha das mais grandes do pais e é da forma ao logo da DO dos viños de  Monterrei. Na visita guiada por unha voluntariosa guía que chaves en man ten que abrir e recibir as visitas como foi a Torre de Homenaxe, o Museo do Pazo dos Condes e a Igrexa de Santa María.

Na hora de escrever  a crónica foi anunciado a cesión definitiva á Xunta de Galiza da xestión e protección do conxunto amurallado, esperemos que este monumento poida ser apreciado por mais xente e  tamén coñecer mais da historia que aqueles silentes canons testemuñaron.

O compañeiro Xico departindo cos participantes