FRUGA denuncia a falta de apoio desta conselleria de medio rural aos gandeir@s.
Lalin, 17 de Agosto de 2010.- A principios deste mes de Agosto a Consellería de Medio Rural ven de comunicar aos gandeiros a denegación das axudas que solitaran para a prevención de ataques do lobo ao gando. Segundo a Orden que se publicara no Diario Oficial de Galicia o pasado 5 de xaneiro de 2010, foron varias as medidas subvencionables: electrificación de peches, adquisición de cans mastíns, mallas ovelleiras e a compra de pastores eléctricos. Para a concesión destas axudas estableceronse uns criterios de valoración, por orden de preferencia:
a) Existencia de ataques de lobos e reincidencia destes ataques.
b) Presencia e densidade de lobo no concello segundo o mapa de zonificación do Plan de Xestión do Lobo.
c) Nº de cabezas de gando segundo a última folla de saneamento gandeiro.
A suma de puntos para obter a subvención veu determinada por este baremo e puntuación mínima establecida finalmente foi de 44 puntos.
Dende FRUGA, Federación Rural Galega poñemos de manifesto que a denegación da maioría das solicitudes debéuse a dous motivos:
1º.- Non se ampliou a dotación orzamentaria para estas axudas, demostrando así unha vez máis dende esta consellería a pouca vontade de apoio aos gandeiros e gandeiras e a pouca conciencia dos problemas que lles están afectando; máis se cabe nestes tempos de crise, motivados pola subida dos insumos e gastos que teñen as explotacións agrogandeiras e a baixada continuada dos prezos.
2º.- O cambio na política de medio rural sobre a prevención de ataques de lobo, determinou a supresión e baixa do teléfono que estaba habilitado para a súa comunicación e non se informou correctamente do novo número de teléfono. Neste periodo moitos gandeiros non pudieron dar parte dos ataques de lobo sufrifos polo seu gando para que quedara constancia na administración.
Neste periodo de cambio do número de teléfono xa se denunciara a inoperatividade deste servizo e foron moitas as queixas dos gandeiros ante a imposibilidade de dar parte dos ataques do lobo, co cal esta circunstancia acabou por influír na convocatoria de 2010 destas axudas. Na zona do Deza a maioría das gandeiras e dos gandeiros quedaron ás portas de conseguir esta subvención, con puntuacións entre os 37 e 40 puntos. Recordar as protestas de gandeiros de Rodeiro e outras zonas nas que se viron afectados por estes ataques e non poideron dar parte a tempo. Co cal as incidencias de ataques de lobo tivo que ser maior que as sinaladas nas actuais estadisticas oficiais, polo mencionado feito da inoperatividade do servizo de comunicación de ataques do lobo ao gando.