Consideramos que son necesarias políticas activas desde e para Galiza como a constitución dunha interprofesional láctea galega, na medida en que somos a primeira potencia produtora de leite de todo o Estado Español.
Compostela 6 de agosto de 2010.- Desde hai xá mais dun ano as explotacións galegas de leite están a sufrir enormes dificultades derivadas dos baixos prezos que están a percebir. A dia de hoxe o prezo medio percibido é inferior aos 30 centimos de euro, prezo inferior ao que cobran as explotacións leiteiras situadas en Asturias, Cantabria …., e inferior à media do Estado Español tomado no seu conxunto. Podemos afirmar sen medo a equivocarmonos que se estan cobrando prezos similares aos que se cobraban no ano 1994. Esta situación está pondo en perigo o futuro da maioria das 11.700 explotacións lácteas existentes na Galiza
Con este pano de fondo durante as últimas semanas vimos asistindo a un cruce de declaracións por parte de distintos actores presentes e actuantes no sector leiteiro galego a respeito dos baixos prezos que estan a cobrar a nosas explotacións leiteiras.
Por un lado temos certas organizacións que foron incapaces de facer cumplir os acordos que elas mesmas asinaron o verao do ano pasado, culpando de pagar baixo prezos a unha serie de empresas esquencendo se, non sabemos si intencionadamente, de outras que aplican a mesma política, e que agora veñen lainado se.
Temos, ademais, à Sra Ministra do ramo facendo declaracións nas que nos ven a dicer algo que xá sabe todo o sector, como que a situación do mesmo na Galiza é “complicada e difícil”. Para chegar a esa conclusión non fai falta ser Ministra. Mas non lle chegando con esta declarción acrescenta que a media dos prezos na UE é inferior á do Estado Español, como queira que os prezos das explotacións galegas xá son inferiores aos do Estado; a señora ministra estanos a dicer que as esplotacións galegas son as mais europeas do Estado Español?, esquencera se esta ministra que a estrutura de custes de produción son enormemente diferentes, en contra nosa, entre as explotacións galegas e as da UE?, e para rematar con este apartado fazemonos outra pregunta; para que nos serve esta Ministra?.
Mas o que realmente nos preocupa desde FRUGA é a actitude do Sr. Conselleiro de Medio Rural facendo declaracións día si e día tamén nas que se dedica a botar balóns fora como se a cousa non forá con ele, como si non tivera responsabilidades políticas, mas esquence se propositadamente que ele é o Conselleiro do Medio Rural e que o que lle pase ao sector leiteiro galego é responsabilidade directa del, polo que a súa obriga é a de ser o seu primeiro valedor. Non chega con que faga declaracións onde denuncie practicas habituais por parte das industrias como pode ser a de pactar o prezo a pagar ás explotacións ou á hora de impor dificultades as mesmas para que podan cambiar de empresa, senon que ten de escomenzar por pór en marcha políticas activas utilizando as súas capacidades lexislativas.
Non se pode admitir que nun País onde se produze mais do 40% do total do Estado Español o responsabel directo do mesmo diga que este probelam non vai con ele, que todo depende de Bruxelas. Iste argumento é radicalmente falso. O que precisa o sector leiteiro galego é a posta en marcha dunha interprofisional lactea galega con capacidade normativa para facer lle frente os problemas que estamos a padecer e que teña como obxectivo conseguir un grande pacto que consiga acordos capaces de darlle saída a esta situación.
Desde FRUGA estamos a favor dunha política agraria galega activa e de intervención directa e radicalmente en contra do neoliberalismo, basado no “lesair faire” que practica esta Conselleria