FRUGA CO-RESPONSABILIZA ÀS ORGANIZACIÓNS AGRÁRIAS DOS BAIXOS PREZOS DO LEITE

En Xullo de 2009 assinouse un acordo sobre os contratos homologados no sector lácteo, por parte, entre outros, de UU.AA., XX.AA. AGACA, FENIL e Ministerio de Ambiente, y Medio Rural y Marino, que a dia de hoxe ainda non se cumpliu.

FRUGA anima ás labregas e labregos a participar nas movilizacións do 29 de Setembro convocadas pola CIG en defensa dos seus direitos.

Santiago de Compostela, 26 de Agosto de 2010.- O punto 1 do acordo establecía que “en cada contrato individual que se suscreba figurará, cando menos, obligatoriamente:”

“a) O prezo acordado entre gandeiro/suministrador e industria/comprador, a partir dun sistema de indexación que terá en conta, a falta de referenca nacional (estatal), a media anual dos prezos practicados en outros Estado membros, principais suministradores de leite a España, en particular Francia, neste caso referenciarase ao publicado por l´Office de l´Élevage xunto co custe medio dos servizos de transporte”

O punto 6 do acordo estabelecia un Comité de Seguimento onde estan presentes as partes asinantes co fin de “ impulsar a súa aplicación entre os asociados das organizacións asinantes, coñecer a súa evolución e realizar, no seu caso, propostas para a súa mellora. Dito Comité, para cumprir este cometido, elaborará, coa periocidade que se estableza, informes que serán elevados aos órgaos directivos das organizacións asinantes. O Comité de Seguimento, estará formado por representantes de cada unha das organizacións asinantes, designados a tal efecto polos órgaos directivos, e será presidido por un representante da Secretaría de Estado de Meio Rural e Auga do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.. .”

A dia de hoxe observamos como no Estado francés se ten estabelecido um prezo mínimo que supera em 7 céntimos ao prezo meio que se está a pagar na Galiza, onde temos o prezo mais baixo de todo o Estado. Este é o resultado dun acordo anunciado “a bombo e platillo” mas que ningun dos asinantes, desde os sindicatos ao Ministério do Médio Rural (auto-proclamado garante do seu cumplimento) fixo nada pólo seu cumplimento.

Perante deste panorama desde FRUGA temos de nos fazer unhas cantas preguntas: Por qué non se está a respectar o subapartado a) do punto 1 do acordo asinado en Xullo de 2009?. Está a funcionar o Comité de Seguimento?, e si é así, con que regularidade e que informes e propostas fixo para mellorar o acordo que non se está a cumplir?, que papel está a cumplir o Ministerio de Medio Rural?, neste sentido FRUGA ten solicitada unha xuntanza co señor Conselleiro.

Tendo de conta o acordo asinado no Estado Francés, desde FRUGA, consideramos que é o momento oportuno para fazer cumplir o acordado, e non debemos esquencer que hai un documento asinado polas partes e que o Ministerio, como diciamos, puxose como o garante para fazelo cumplir.

Ademais temos de denunciar novamente a inactividade da Conselleria do Medio Rural que, nestes momentos, tiña que estar facendo uso das suas competencias e demandar perante o Ministerio de Medio Rural o cumplimento do acordo.

Algunha organización deberia preocuparse mais por facer cumplir o que asina que preocuparse polo peche dos cuarteis da garda civil no rural, por que o futuro do rural galego depende mais da viabilidade das nosas explotacións leiteiras que da presencia ou non da garda civil.

Mención aparte merecen os anúncios de folga de entregas feitos no dia de onte, precisamente desde posicións que deixaron ao sector tocado de morte na Galiza tras das mobilizacións levadas a cabo a fins do ano pasado, logo da sua incapacidade para xestionar unha saída digna a um conflicto que mobilizou centos de tractores de todo o País. Lembrar que xá daquela anunciaran o comezo dunha folga de entregas que non foi secundada nen pólos seus próprios dirixentes. Na practica o que conseguiron foi reforzar as posicións da industria, votarlle balons fora à Xunta, propiciando o actual estado de desánimo e desmovilización no sector produtor.

Para facer frente a esta situación, é polo que FRUGA fai un chamamenteo ás labregas e labregos deste País a sumarse ás movilizacións convocada pola CIG con motivo da folga xeral do 29 de Setembro, en defensa das nosas producións e dos nosos direitos, e por unha vida digna para a xente do rural galego.