A voltas coa especulación alimentar

Autor:  Xabier Bruña Garcia. Mentres o mundo produce alimentos para máis do dobre da súa poboación, o Corno de África sofre unha inxusta e programada fame. Nesta situación, debemos reflexionar sobre a verdadeira crise dos alimentos. 

Cuestión de reparto ou de negocio?

Existindo a posibilidade de producir alimentos para todo o mundo, unha gran parte da poboación está a morrer, literalmente, de fame. Pola contra nos países enriquecidos, unha porcentaxe media do 20% da comida mercada por unha familia desaprovéitase e tírase ao lixo. En Europa e EEUU, gástase máis en alimentación para mascotas (17.000 millóns de euros) que na alimentación e nutrición básicas (13.000 millóns de euros); máis en xeados (11.000 millóns de euros) que en ensinanza básica para todas as persoas (6.000 millóns de euros). Ler o artigo completo en http://www.terraetempo.org/artigo.php?artigo=1867&seccion=6