Segundo informacións manexadas pola FRUGA, no mes de setembro poderia haber subidas de entre 2 e 3 céntimos no recollido nese periodo.
Segue estando lonxe dos prezos pagados no resto do estado, e do prezo de referéncia en Francia.
Compostela, 30 de agosto de 2010.- Desde a Federación Rural Galega vemos com optimismo o anúncio de suba no prezo do leite pagado ao produtor/a que nestes dias barallan algunhas das principais empresas recolledoras de leite no país. Estas subas, que algunhas fontes situan nos 2 e 3 céntimos segundo industrias, poden supor un pequeno balon de oxixeno para as “tocadas” explotacións leiteiras do País, mais fican lonxe dos compromisos acadados no marco do acordo lácteo de Madrid, que recollia um prezo de referéncia similar ao prezo pagado pólo leite em Francia, mais uns 3 céntimos, equivalentes ao custe de transporto dese leite. Deste xeito, ainda coa suba que parece se vai producir, ficamos lonxe deses 36 céntimos que deberan servir de referéncia como prezo mínimo para o leite producido na Galiza.
A necesidade de cumplir co acordo.
Para a FRUGA, este anuncio non fai mais que reforzarnos na idea e na necesidade de que quenes asinaron o acordo do ano pasado teñen a obriga de velar e de extender o mais posíbel o cumplimento o acordo no que se establece que o prezo que debe figurar nos contratos ven determinado polo prezo de referencia do Estado Francés mais o custe dos servizos de transporte, o que significa que o prezo a pagar polo leite ás explotacións galegas ten de ser de cando menos de 36 centimos.
Ainda que este anuncio de suba no leite que se vai recoller no més de setembro fora extensíbel a toda a industria recolledora na Galiza, é evidente que se está moi por baixo dos prezos necesários para vivir com dignidade e com certo nível de seguranza da actividade produtora de leite.
Por iso ainda que nos podamos congratular destes pequenos avanzos, non podemos esquecer nen tan sequera aprazar a necesidade de acadar prezos dignos para o noso leite, utilizando todas as ferramentas que topemos á nosa mao, sendo a negociación deses contratos homologados unha desas ferramentas.