Lugo, 30 de agosto de 2010.- Nos últimos dias estamos a observar unha serie de cambios no que respecta os sistema de crotalaxe e identificiación de gando bovino, actualmente estas labouras estabanse a realizar de dúas formas distintas. Unha a través dos veterinarios identificadores, figura esta creada no ano 1998, que acuden as explotacións para poñer ó crotal os animales, e o mesmo tempo para dar de alta os distintos movementos de animales que se dan nas explotacións, como morte dun animal, nacemento ou venda. Outro sistema que se utilizaba consistía en que os/as gandeiros/as, acudisen as oficinas comarcales polos crotales e realizasen eles as labouras de crotalaxe, acudindo igualmente a ditas oficinas co fin de comunicar os movementos de animales nas explotacións, nacementos, ventas ou mortes de animales.
Actualmente estamos a observar unha serie de cambios, principalmente en algunhas comarcas do país, sen saber moi ben como se vai a desenrolar o novo sistema de marcaxe e crotalización do gando bovino. Segundo se puido saber estes últimos dias, as explotacións agrarias que acudían ás oficinas comarcales a recoller os crotales, recibiron a noticias de que a partir de agora podían recoller unha cantidade de crotales equivalente o 70% das vacas dunha explotación, e que cada vez que marcasen un animal tiñan que dalo de alta. Pero o que si non sabemos a dia de hoxe é onde temos que realizar estas altas, nen as baixas de animales que antes se estaban a realizar nas oficinas veterinarias comarcales. Igualmente as explotacións que están a traballar cos veterinarios identificadores non saben se estes veterinarios van a seguir acudindo as explotacións, ou pola contra teñen que utilizar os servicios veterinarios comarcales.
Esta serie de cambios deixan varias cuestións sen aclarar, como xa dixemos anteriormente non sabemos se os veterinarios identificadores van seguir acudindo as explotacións ou non, non sabemos se estas altas ou baixas que anteriormente se realizaban nas oficinas veterinarias comarcales se van a seguir facendo ou non, en fin a dia de hoxe a Consellería de Medio Rural non clarificou como se vai realizar o novo sistema de marcaxe e crotalización do gando bovino.
Dende a Federación Rural Galega(FRUGA), temos solicitada unha entrevista coa delegada da Xunta de Galicia en Lugo, co fin de que nos aclaren toda esta serie de cambios, e unha vez aclarados analizaremos as consecuencias que poden ter para as nosas explotacións. Unha vez máis estamos ante unha deixadez e un abandono absoluto por parte da Consellería de Medio Rural, todo tipo de cambios precisan dunha información previa, actualmente temos certa desconfianza ante esta nova operación, cando se esta a realizar cun ocultismo total e absoluto