A FRUGA APRESENTA, XUNTO À CIG, A NOSA CAMPAÑA PARA A FOLGA XERAL DO 29 DE SETEMBRO.

Lugo, 9 de setembro de 2010.- A Federación Rural Galega-FRUGA celebrou hoxe, xoves 9 de setembro ás 12:00 no restaurante A Palloza, Lugo, unha xuntanza para informar da folga xeral do día 29 de setembro na que colabora coa CIG.

Durante a mesma falouse tamén das xubilacións, das axudas agrarias e de como os prezos dos produtos agrarios poden verse afectados polos recortes sociais. Finalmente tivo lugar un debate sobre a situación e perspectivas do rural galego.

Na mesma interviron Xurxo Álvarez, presidente da FRUGA, que abordou os recortes das axudas agrarias, Elías Somoza, responsable do sector lácteo de FRUGA, que espuxo as posicións da FRUGA a respeito da suba dos costos de produción e o contrato homologado no sector leiteiro, e Xosé Ferreiro Fernández, secretario comarcal da CIG de Lugo – A Mariña, que debullou mais pormenorizadamente os motivos da folga xeral e futuro da seguridade social.

A asemblea foi seguida por mais de medio cento de gandeiros e gandeiras da comarca.