Meses de viño… e sidra

Autor: Anselmo López Carreira.  Entre setembro e outubro o agro galego ocúpase nos primeiros labores de produción do viño; todo o mundo o sabe. Os viños galegos teñen acadado merecida sona pola súa calidade e contan ademais cunha tradición milenaria. Suponse -con motivos dabondo- que as videiras foron aclimatadas na nosa terra polos romanos, haberá cousa de dous mil anos en números redondos. Antes deles o viño era desde logo coñecido e consumido polos habitantes dos castros, pero a dicir de Estrabón (que escribía aló polo século I a.C.) só se obtiña por vía comercial, traído polas xentes do Mediterráneo (navegantes fenicios, cartaxineses e gaditanos, ou polos mesmos romanos) e en cantidade necesariamente limitada, de maneira que os galaicos daban rapidamente boa conta del nas festas, bailando a muiñeira. POdes continuar lendo o artigo aqui: http://www.terraetempo.org/artigo.php?artigo=1974&seccion=8