Outra vez os incendios.

Autor: Alberte Branco casal. Nun país como o noso -con dous millóns de hectáreas de superficie forestal e cunha produción madeireira que representa entre o 50-55% da produción estatal, xunto a unha puxante economía vinculada ao pastoreo, a gandaría extensiva e a caza, ademais do seu intrínseco valor paisaxístico e ambiental- o sector forestal debería ter a condición de estratéxico para calquera goberno. Este é un sector no que, polas súas peculiares características, se debe traballar con políticas de amplo consenso e de longo percorrido, onde non caben solucións milagreiras nin actos de inútil voluntarismo. Podes ler o resto do artigo aqui: http://www.terraetempo.org/artigo.php?artigo=1993&seccion=4