Terán lugar en Melide, entre os dias 17 e 18 de decembro. FRUGA colle o relevo da iniciativa encetada polas I Xornadas Agrárias Galegas, celebradas na na Faculdade de Económicas da USC aló polo ano 1983.
Compostela, 9 de decembro de 2010.- O vindeiro dia 17 de decembro comezan en Melide as VI Xornadas Agrárias Galegas. O acto inaugural, que téra lugar às 17:00 horas, contará coa intervención de Socorro Cea, Alcaldesa de Melide, Ramón Muñiz de las Cuevas, primeiro coordenador destas xornadas, ademais de Xurxo Álvarez, presidente da FRUGA. Inmediatamente despois comezará o programa de traballo, coa conformación de dous grupos: un a respeito do leite, e outro sobre a produción de carne de vacún. O obxectivo é analisar pormenorizadamente modelos reais de explotacións de ambas orientacións (leiteria e cárnica) tanto desde o ponto de vista económico como técnico, correspondentes aos distintos modelos de explotación existentes na Galiza.
Xá o sábado inicia-se a xornada analisando globalmente distintos sistemas de produción de leite para logo abordar temas referentes à xestión do território (Banco de Terras), ordenamento e xestión do monte, ou o futuro da PAC.
Para finalizar as xornadas terá lugar unha mesa redonda coa participación dos distintos relatores e relatoras, asi como dos e das titulares das explotacións participantes das xornadas, correndo o encerramento das mesmas a cargo do coordenador das IV Xornadas, Emilio López Pérez.
Gran número de ponentes de contrastado prestíxio no agro galego.
No trascorrer das xornadas participarán Gozalo Constenla, Xan Pouliquen, Olga Garcia Agra, Pablo Lúgaro Seco, Xosé Pedreira, Eloi Villada, Manuel Da Cal, Iria Villar, Sandra Maneiro, Xosé Rodriguez Cid, Xose Manuel Puga, Antonio Oca, Bernardo Valdês, Pura Ferreño, Xan Rodríguez, Xosé Carballido, Francisco Ónega, Alberte Blanco, Xosé A. Meixide, Xabier Bruña, Xesus Mazaira, Alberte Souto, Edelmiro López, José Manuel Silva, Gonzalo Flores e @s voceir@s de agricultura das tres organizacións políticas representadas no Parlamento Galego.
O programa completo das xornadas pode-se consultar aqui: triptico xornadas agrárias .