Compostela, 11 de xaneiro de 2011.- Onte soterraba-se no Val do Dubra o compañeiro José Varela. A sua morte colleu-nos por surpresa. Un acidente laboral, deses que ocorren a cotio no rural galego, segou a vida dun home bo. Porque se algo era Varela, era bó.
Sempre tiña unha grácia que facer, un conto con que arrincar-te un sorriso, un minuto para sentar a falar contigo, ainda que tivera traballo agardando por el na casa. Varela foi tamén un loitador. Non hai moito tempo recoñecia-se na portada dun xornal, às portas da Delegación do Governo na Coruña, nunha protesta alá polo ano oitenta e tantos. A foto só recollia unhas maos curtidas no traballo duro do campo, encadeadas às rexas do edifício, saindo das mangas dumha chaqueta verde, daquela nova, e que ultimamente penduraba dun cravo na porta do establo.
Varela era membro da direción da FRUGA. Non tivo a mais mínima dúvida en participar do nacemento da organización e asumir as responsabilidades que os seus compañeiros e compañeiras estimaran oportunas para seguir a loitar ma defensa do noso agro e do noso País, derrochando unha simpatia e optimismo que agora botaremos moitisimo de menos.
Ficas na nosa memória.