RECORTES ECONÓMICOS POÑEN EN PERIGO A CONTINUIDADE DA FINCA DE BOS

Trátase dun centro referencial a nivel mundial na mellora xenética do gando frisón.

Lugo, 24 de xaneiro de 2011.- No dia de hoxe, celebrouse unha rolda de prensa en Lugo convocada pola Federación Rural Galega(FRUGA), co fin de tratar o tema dos recortes na Finca de Bos.
No ano 1991, puxose en marcha o Plan Integral de Mellora Xenética de Galicia (PIMX), mediante o cal se trataba de mellorar a raza frisona en Galiza, co fin de ter femias reproductoras de maior producción e que permitiran mellorar sustancialmente os indices xenéticos das explotacións de frisón galegas. Dende ese momento hai que ter en conta que o gando frisón galego sufriu unha mellora importante no que respecta os seus indices xeneticos, dende materia grasa, proteina, cantidade de producción, e mellora da calificación morfolóxica das distintas reses. Criaronse un importante número de touros, moitos dos cales naceron na finca de Bos, e os restantes foron criados igualmente nesta finca, o cal supuxo que a dia de hoxe o semén galego de frisón teña unha importante prestixio.

Actualmente hai en torno a 4100 explotacións integradas no programa de mellora xenética de Galiza repartidas da seguinte forma:

A Coruña……………..1261
Lugo……………………2155

Ourense…………………30
Pontevedra…………….656.

Igualmente o número de femias inscritas no libro xenealóxico de frisón en Galiza ronda as 766000, das cales 519 teña mais de 2 anos.
O número de touros que se puxeron en proba durante o 2010 está en torno aos 70, cifra que estaba previsto repetir no ano 2011.
Nas últimas probas de CONAFE de xaneiro do 2011, os touros galegos de raza frisona ocuparon os primeiros postos entre os touros do estado en función dos seus índices xenéticos, entre os 8 primeiros touros do estado por indice xenético 7 son galegos, un dato dabondo ilustrativo da laboura que se realiza a través do PIMX, sendo o touro XACOBEO, o primeiro do estado e o cuarto a nivel mundial.

Nestes dias atopamos unha serie de informacións a través dalgún medio de comunicación mediante a cal se nos dice que vai haber importantes recortes orzamentarios na finca de BOS. Recortes que xa se veñen repetindo dende a chegada do PP ó goberno galego, no ano 2009 o rozamento para esta finca foi de 1 millón de euros, no 2010 de 700000 euros, e para o ano 2011 375000 euros aportados principalmente polo Ministerio de Medio Ambiente Rural e Mariño.
Dende logo estes recortes orzamentarios poñen en perigo o futuro desta finca, que ten un labor imprescindible no que respecta o PIMX.
Non entendemos moi ben a postura do actual goberno ten en conta que estamos a falar dun plan que funciona medianamente ben, a vista están os resultados, e o mesmo tempo se convirte nun factor importante para a reposición de gando nas explotacións leiteiras, tendo en conta que a dia de hoxe a duración das vacas frisonas é realmente curta(2 ou 3 partos por vaca), co cal o PIMX facilitou os labores de recria e impediu dalgunha forma que non houbera que importar un maior número de vacas frisonas.
Desde FRUGA, parécenos que o que está a intentar facer a Xunta é suprimir o PIMX, sin prestar o mais mínimo apoio as explotacións agrogandeiras galegas, co único fin de recortar axudas dun plan que funciona e que contribui a notablemente a mellora xénetica do gando frisón de Galiza. Prefire recortar en axudas a estes plans para reparitr estes cartos en concellos afíns politicamente que lle permitan facer electoralismo de cara as vindeiras eleccións municipales. Algo que cumpre suliñar é as criticas que reciben estes recortes polo primeiro Conselleiro de Agricultura que tivo o PP en Galiza, Romay Becaria, o cal amosou o seu desacordo con estes recortes a través dunha carta enviada o propio conselleiro de Medio Rural.