OITENTA MIL PERSOAS CONTRA A REFORMA DAS PENSIÓNS

Imaxen da cabeceira da manifestación en Xinzo de Límia.

O sindicalismo nacionalista dá unha resposta contundente ao intento do governo español de impor unha reforma que supón un importante retroceso nos direitos dos traballadores e traballadoras.

A FRUGA participou activamente en todas e cada unha das mobilizacións convocadas.

Compostela, 28 de xaneiro de 2011.- Malia à oposición e boicote das centrais sindicais españolas, a xornada de protesta de onte foi un éxito que certifica a fortaleza do sindicalismo nacionalista na Galiza. Nunha xornada histórica, centos de labregos acudiron às distintas manifestacións que percorreron o País, conscientes de que a reforma amparada por UGT (e, polo tanto, a sua filial agrária, UUAA) e CCOO supón un importante retroceso nos direitos adquiridos polos traballadores e traballadoras, que nos retrotrae a hai mais de cincuenta anos e que fará que cheguemos mais vellos/as e mais pobres à idade de xubilación.

Desde a FRUGA felicitamos à nosa organización operária irmá, a CIG, polo importate esforzo mobilizador e concienciador realizado, e amosamos, mais unha vez, a nosa enteira disposición, como non pode ser doutra maneira sendo unha organización a nosa integrada por labregos/as e gandeiros/as, a colaborar activamente na loita en defensa dos traballadores e traballadoras deste País.