Autor: Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez. Esta obra de Ramón Muñiz de las Cuevas foi escrita no ano 1979 baixo o seudónimo de Xosé Fernández Roupar e prologada polo crego de Sésamo ou o crego das Encrobas, Moncho Valcárcel, ten o grande mérito de ser feita por quen estivo eses anos levando a responsabilidade política diante do nacionalismo da orientación colectiva destas loitas e da ideoloxización dos e das afectados. Aínda máis, procurouse, e acertouse, creando vencellos de solidariedade e organización de cara o futuro entre quen sufriron os abusos dos poderes fáticos e tamén se estableceron vencellos co nacionalismo político, nun intre tan decisivo como aquel no que a partir dos sentimentos de Patria Común se estaba creando todo “ex novo”. Non se estaba refundando nada senón fundando. Podes ler o artigo completo aqui.