Compostela, a 14 de Febreiro de 2011.- A Federación Rural Galega – FRUGA, lamenta profundamente o pasamento do presidente de honra da Cooperativa Agraria Galega FEIRACO. Cooperativa que se ten caracterizado pola aposta decidida por pór en valor as capacidades produtivas da comarca onde estaba implantada, extendendo o se radio de influencia a outras próximas ao lugar onde se xestou o proxecto.
Loxicamente este proxecto tal e como hoxe o coñecemos asenta a sua base nos seus primeiros inicios ala polo ano 1969, tendo como figura destacada ao que daquela foi o seu impulsor e fundador e que logo veu a ser o seu primeiro presidente, Jesus Garcia Calvo.
Desde FRUGA compartimos as mesmas inquedanzas que alumearon naquel momento a fundación de FEIRACO, que non son outras que pular polo futuro dun mundo rural galego mellor do que agora temos, por mellorar e dignificar as condicións de vida da xente que vive e traballa no rural e por potenciar as nosas producións agro-gandieras.
Fruto destas inquedanzas é hoxe esta Cooperativa, unha das poucas empresas galegas que recolle, transforma e vende o noso leite, porque a dia de hoxe a maior parte do noso leite depende de empresas de fora de Galiza o que nos fai mais dependentes e vulnerábeis.
Por todo elo valoramos o traballo feito pola persoa que hoxe nos diexa, mas confiamos que o traballo por el emprendio terá continuidade naquelas persoas cooperativistas e Xunta Directiva que hoxe conforman FEIRACO.