5000 PERSOAS EN DEFENSA DO AFORRO, O EMPREGO E O PAÍS.
Compostela, 14 de marzo de 2011.- No dia de onte máis de 5000 persoas percorremos as rúas de Compostela convocadas pola CIG e o BNG, reclamando dos gobernos central e galego accións políticas en defensa do noso aforro e dos nosos sectores produtivos. A FRUGA aderiu-se à convocatória e asinou o manifesto que recollía as principais reclamacións que a sociedade rural galega ten nesta tesitura de crise xeralizada e que cobra tintes especialemente dramáticos nun pais como o noso sometido secularmente ao xugo colonial que fai que outros sexan os que decidan o futuro das nosas caixas de aforros, das nosas pensións ou a negociación dos prezos das nosas producións agrícolas e gandeiras, en moitos casos coa complicidade das chamadas “organizacións agrárias”, teoricamente de distinto signo mais sospeitosamente coincidentes à hora de deixar à Galiza fóra de xogo e sen capacidade para decidir o futuro dos nosos gandeiros e gandeiras.
Desde a Federación Rural Galega reafirmamos o noso compromiso co País e con aquelas organizacións irmáns que desde o nacionalismo loitan pola defensa do noso medio de vida.
Março 17, 2011
·
fruga ·
Comentarios Pechados
Publicado en: Novas, Organización



