FRUGA INÍCIA UNHA CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE A OBRIGATORIEDADE DOS CONTRATOS NO LEITE

Demanda da Xunta o estabelecimento dun marco galego de negociación para que non sexan outros os que negocien no nome dos nosos gandeiros e gandeiras.

Os primeiros actos desenvolveranse en Lugo e Ordes al longo desta semana.

Compostela, 4 de Abril de 2011.- O Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino (MARM)  presenta un proxecto de R.D. co propósito de regulamentar, mediante contratos tipo a comercialiozación do leite. Estiman que terá que aprobarse antes de que empece a nova campaña 2011/12.  Despois de publicarse no BOE concede un plazo de 6 meses para a firma dos contratos (artigo10)

Segundo di no seu preámbulo, trata de seguir as indicacións que o “Grupo de Expertos de Alto Nivel do Sector Lácteo” realizaron á Comisión Europea e que foi debatido no Consello de Ministros de Agricultura da UE en setembro de 2010.

Son varias as novidades que introduce no modo que debe realizarse o proceso de comercialización do leite entre produtores e compradores:

1º.- Fai obligatorio dispor de contratos para poder relizar transacións entre produtores e compradores. Sinalando tamén os requisitos minimos que deben cumplir os ditos contratos.

2º.- Crea as Organizacións de Produtores de Leite (OPLs) con personalidade xurídica propia, de caráter civil ou mercantil, co obxectivo de concentrar a oferta e levar a cabo a comercialización das producións dos seus asociados/as. O seu recoñecemento realizarase pola C,A. onde teñan o seu domicilio e inscribiranse no Rexistro “nacional”adscrito ao MARM. Para o leite de vaca cada OPL deberá de xuntar un mínimo de 300.000 t. ao ano.

As cooperativas, primeiras compradoras de leite, non están obligadas a establecer contratos cos seus asociados para poder realizar o proceso de comercialización.

4º.- Reformarase no preciso   a Interprofisional Láctea (INLAC) para que poida levar a fin os novos cometidos que se lle asinan. Entre outras funcións corresponderalle fixar os contidos dos contratos entre os produtores, representados de forma ponderada polo peso da OPL a que perteñezan, e a Federación de Indutrias Lácteas Española  (FENIL).

.- Os contratos parten sen precio de referencia e fixan ao Estado como único marco da negociación deixandolle ás CC.AA. só a función de recoller a documentación das OPLs para que se inscriban no Rexistro dependente do MARM.

IMPORTANCIA DO SECTOR LÁCTEO GALEGO.

En Galiza asentanse o 52% das explotacións leiteiras do Estado, producindo  perto do 40% do leite español.

Mentras o Estado é deficitario en máis de dous millóns e medio de toneladas de leite para acadar o seu autobastecemento, Galiza produce  para abastecer de leite e produtos lácteos a unha poboación de once millóns de personas. De cada tres litros producidos en Galiza hai que comercializar fora do seu territorio máis de dous.

Nun estado descentralizado onde as competencias en agricultura e gandería son competencias dos gobernos autonómicos, é de xustiza que Galiza deba liderar a política láctea que se desnvolva no Estado, igoal que lidera a súa produción e conta co maior nº de unidades produtivas.

Cando na pasada lexislatura, o nacionalismo era o responsable da consellaría de Medio Rural, tivo sempre presente exercer este liderazgo, sen complexos, poñendo en práctica   iniciativas que ian por diante das políticas, que para este sector, desenvolvía o MARM. Daquela puxeronse en funcionamento distintos órganos: Consello Agrario, Mesa do Leite, Observatorio Lácteo de Galicia, que entre outros, permitiron consensuar un conxunto de medidas conducentes a vertebrar, este importante sector económico, cos distintos axentes que o configuran. (Federación de Industrias Lácteas de Galicia, Sindicatos e Cooperativas agrarias).

O resultado satisfatorio desta politica de liderazgo e que no ano 2007 a media de prezos percibida polos produtores galegos estivo por riba da media do que cobraban os gandeiros españois. Na actualidade cambiaron as tornas, sendo os galegos e galegas os que menos cobran polo leite.

A consellaría de M.R. conta na actualidad cos mesmos órganos postos en funcionamento na pasada lexislatura. A diferencia estriba que o actual goberno da Xunta (Sr. Feijoo e Sr. Juarez) teñen casi paralizados a Mesa do Leite o Observatorio os Contratos etc. En vez de encarar desde aquí os problemas dos baixos prezos miran resinadamente para a política que desenvolve o MARM e limitanse a laiar os seus desacertos sen facer ren.

Parece que non lles importa que aumente o diferencial  que cobran os produtores de leite:asturianos e andaluces que xa supera as 3 pts/l. Son os gandeiros galegos os que menos cobran dos países excedentarios do noso entorno da UE (Francia, Paises Baixos, Alemania).

POSICIÓN DA FRUGA DIANTE DESTE PROXECTO DE REAL DECERETO

Frente as propostas deste RD a Xunta debe establecer un marco de negociación galego volvendo a tratar de liderar a política láctea do Estado. Debe de deixar de facer deixación das funcións que lle son propias, impulsando as seguintes medidas:

  • Crear unha Organización de Produtores de Leite a nivel galego. Se xurdiran varias favorecer unha única Asociación de OPLs galega
  • As cooperativas, primeiras compradoras,van ter na prática a mesma problemática que as OPLs, polo tanto cómpre estabelecer unha normativa galega que, pactada con elas, contemple esta situación.
  • Esablecer o Rexistro das OPLs en Galiza e poñer en funcionamento a Inerprofesional Láctea de Galega.

Renunciar a establecer un marco GALEGO de negociación equivale a  non poñer en valor o 40% da produción do leite español e permitir que o seu mercado, tan defecitario, prefira abastecerse de productos lácteos producidos fora do estado.