A Asociación de Gandeiros de Leite da Galiza (AGALEGA) constituiu-se en Lugo coa vocación de aglutinar ao conxunto do sector nunha única Organización de Produtores/as na Galiza e asi criar un marco galego de negociación.
Lugo, 22 de xullo de 2011.- A recén constituida Asociación de Gandeiros de Leite da Galiza – AGALEGA vén de solicitar unha entrevista co Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez. O motivo ven dado polas recentes declaración de Juárez chamando a estabelecer unha única OPL no País, co aparente apoio das tres organizacións agrárias presentes no Consello Agrário Galego. Estas declaracións apontan nunha liña similar à que motivou a formación da AGALEGA, razón pola cal desde a xunta promotora desta Organización rexistrou-se no dia de hoxe unha solicitude formal de entrevista co duplo obxectivo de coñecer de primeira mao a iniciativa da Consellaria e exporlle ao Conselleiro as nosas valoracións ao respeito. Elias Somoza, coordenador da entidade, amosaba-se confiado en que Juárez contestara à sua solicitude de entrevista polo ben dun sector que precisa hoxe mais que nunca de posicións unitárias e fortes para a sua defensa frente as contínuas e contantes agresións que está a sofrer, precisamente pola falta de capacidade decisória que Galiza está a ter nos grandes asuntos que afectan ao sector leiteiro.