A AGV informa en multitudinarias reunións sobre a vendima próxima na DO Rías Baixas

Imaxes da asemblea

A Asociación, que agrupa aos produtores e produtoras vitícolas de FRUGA, estase a converter no principal referente entre as xentes do sector.

Organizaronse reunións informativas en San Miguel de Tabagón (Subzona do Rosal) e en Arbo (Subzona do Condado) onde asistiron mais de 200 viticultores/as e nas que os responsables da AGV na DO Rías Baixas, Jorge Cardoso (Coordinador da AGV no Rosal), Antonio Álvarez (Coordinador no Condado e vocal do Consello Regulador) e Roberto Rivas (Presidente da AGV e vocal do Consello Regulador) expuxeron o posicionamento da Asociación diante dos acordos do Consello Regulador sobre aumentos de rendementos e a necesidade de renovar os contratos homologados para as próximas campañas.

O Rosal, 24 de Agosto de 2011.-Sobre a cuestión dos prezos a AGV deixou claro que a Mesa do Viño debe negociar un novo contrato no próximo ano antes da floración e fora do tempo máis apurado e tenso da vendima como a presente que se prevé complexa pola colleita histórica e o difícil escenario económico. De feito nas reunións quedou claro o papel estabilizador que ten o contrato xa que garante recollida da uva e prezo e evita grandes oscilacións das cotizacións da materia prima como aconteceu nas pasadas campañas. A pesares dos 2500 contratos asinados nas últimas dúas campañas hai que estender esta figura contractual entre adegas e viticultores/as á maioría dos 7.000 inscritos na DO Rías Baixas.
Jorge Cardoso anotou que o prezo do contrato esta a 1,52 € máis IVE para o quilo de uva a 13º, segundo un exhaustivo estudio de Antonio Álvarez os custes mínimos de producción parten para unha uva de promedio de 12º nos 1,20 € o quilo, para abaixo hai perda asegurada.

Antonio Álvarez salientou a cantidade de reunións e comisións que permitiron sacar adiante temas espiñentos como o novo regulamento, control da calidade dos viños, vendimas e rendementos, etc.
Por iso a importancia da necesidade do aumento de representación por parte da AGV que actualmente ten 2 vocais para os próximos anos, en palabras de Antonio Álvarez “ na cuestión dos rendementos só nos nos posicionamos inicialmente en contra de corrixir o límite establecido nos 12.000 quilos/ha”.
Roberto Rivas apuntou a necesaria profesionalización do Pleno do Consello Regulador na liña de que só haxa vocais que se “xoguen os cartos no sector” e se vaia camiñando a unha estructura interprofesional á semellanza ao que teñen acadado na DO Rioja. Todo tipo de acordo con consecuencias económicas debe seguir as circunstancias cambiantes dos mercados de demanda dos viños polo que hai elevar o rigor no control de rendementos, sobre todo naquelas zonas onde se detecta con frecuencia os excesos e que no fin resultan unha realidade moi limitada no conxunto da DO (de feito as propostas de sanción non chegaron a máis de 400.000 quilos sobre un total de 31 millóns!, por tanto non existe tal conflicto social como ten senilado algunha organización agraria).
Hai preocupación pola constatación de certa baixada en certos segmentos dos viños de Rías Baixas que indican que a necesidade de acompasar producción, embotellado e venta, ter en conta como anotou Antonio Álvarez é que os aumentos anuais de superficie das últimas campañas supoñen máis de 1,4 millóns de botellas máis a vender”.
Sobre a liñas de actuación tamén se deben incluír novos parámetros de calidade para remunerar a uva como pode ser a acidez e pH, verificación inmediata da uva entregada polos viticultores e a facturada por adegas, inclusión das variedades Treixadura e Loureiro nos contratos (xa que se estan pagando por debaixo de custo), trasladar calquera información sobre irregularidades e problemas na recollida ao Consello Regulador, eliminar zonas incluídas sen viticultores inscritos, voto ponderado nas eleccións ao Consello Regulador segundo segmento de superficie, etc.
A AGV quedou compremetida a novas reunión para facer un seguimento das incidencias na vendima que se detecten nas subzonas do Condado e O Rosal.