FRUGA VEN DE PARTICIPAR NO “1º CONGRESSO EUROPEU DAS ÁREAS COMUNITÁRIAS” CELEBRADO EN VILA REAL – PORTUGAL.

Este congreso, celebrado os días 23, 24 e 25 de setembro, estivo organizado pola BALADI en colaboración coa Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Mao Común (ORGACCMM).

A BALADI é a Federación Nacional dos Baldios, que reúne 8 asociacións de Baldios do centro e norte de Portugal, por ser nesta área onde se encontran a maioria dos terreo de propiedade comunal.

Compostela, 27 de setembro de 2011.- A característica fundamental desta forma de propiedade é que esta se atribuie á comunidade veciñal (comuneiros-as na Galiza e compartes en Portugal) sen atribución de cotas. O único requsito para usufruir os direitos da propriedade comunal é ser veciño ou veciña. Este tipo de propiedade definese como de origen Germánica. Na Galiza receiben o nome de Montes Veciñais e en Portugal de Baldios. 

A existencia da propiedade comunal remontase á noite dos tempos, ficando reducida a súa presencia, nestes momentos, á antiga Gallaecia, é decir, por un lado o territorio que hoxe administrativamente é Galiza e por outro o que é o centro e norte de Portugal, tendo constancia da súa presencia en zonas limítrofes que históricamente pertenceron ao Reino da Galiza como son algunhas de Asturias e o Bierzo. No resto de Europa parece ser que fican trazas en Escocia e en algunhas partes da Europa do Leste. Interrelacionar todas estas zonas era un dos obxectivos que perseguía este Congreso.

O texto do tríptico do Congreso xa indicaba cales eran os obxectivos do mesmo, nel podias ler que o que se pretendía era reunir por primeira vez representantes das comunidades “baldias” dos varios Países da Unión Europea para dar a coñecer a realidade Comunitaria de cada un deles, e procurar en conxunto a mellor forma para defender, valorizar e desenvolver esta forma ancestral de propiedade.

A colaboración entre as organizacións galegas e portuguesas, neste ambito de traballo ven de lonxe e os primeiros contactos remontanse a primeiros dos anos 90 do século pasado e o que se pretendeu con este Congreso foi acrecentar mais zonas de Unión Europea nas que se encontre este tipo de propiedade, contando desta volta con representantes de Escocia, Italia e Asturias.

Un dos grandes problemas cos que se encontra a propiedade comunal é que este tipo de propiedade non é enquadrábel nen no que se entende por propiedade privada nen no que se denomina como propiedade pública, xa que a primeira leva aparellada a propieade individual e por cotas e a segunda responde a propiedade xerida por algun tipo de órgano administrativo, polo que se fai necesario reivindicar e conseguir o recoñecimento legal desta forma de propiedade.

Con este obxectivo o Congreso celebrado en Vila Real acordou establecer unha estrategia tendente a trasmitir perante as distintas administracións, entre ela a europea, a necesidade de que a propiedade comunal teña amparo legal.

Neste sentido e continuando a colaboración que mantemos a ORGACCMM e FRUGA adoptaremos todas as medidas necesarias tendentes a conseguir a consecución deste grande obxectivo, para o que tentaremos que este asunto sexa tratado tanto no parlamento da Galiza, como no do Estado Español e no Europeo.