XA ESTÁ NA RUA O Nº 5 DE “INFORMACIÓN RURAL”

Compostela, 11 de outubro de 2011.- O número 5 da revista da FRUGA, “Información Rural”, está a chegar estes dias às casas dos afiliados e afiliadas de FRUGA, asi como aos distintos colaboradores/as e outros centros de interese sindical e agrário. Neste novo número recolle un resumo da actividade da Organización no último trimestre nos distintos sectores produtivos (viño, vacún de leite, forestal, cacun de carne…), a nosa posición a respeito do canon da auga, da Lei de Montes, as dintintas movilizacións que temos organizado (contra os retallamentos no rural e o desvio das axudas aos/às gandeiros/as) e das que fixemos parte (contra a reforma “expres” da constitución,…). Tamén neste número atoparedes unha entrevista con Antonio Oca e outros artigos e informacións de de extraordinario interese para o noso agro. Podes descargá-la aqui: revista fruga n5