INICIADA ROLDA DE CONTACTOS NO PARLAMENTO PARA APRESENTAR AS NOSAS ALEGACIÓNS À LEI DE MONTES

Comparecéncia en rolda de prensa tras o encontro.

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Confederación Intersindical Galega (CIG), Federación Rural Galega (FRUGA) e Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Mao Común (ORGACCMM) reunen-se co gurpo parlamentar do BNG para tratar o proxecto da Lei de Montes de Galiza.

Compostela, 24 de Outubro de 2011.- Perante a que semella iminente aprobación do proxecto de Lei de Montes de Galiza, as catro organizacións apresentamos o pasado dia 19 de Outubro solicitude de reunión cos grupos parlamentares que teñen representación no Parlamento de Galiza: BNG, PP e PSOE, sendo recebidos hoxe polo BNG  e estando previsto que nos reciba o PP o próximo dia 26.

Esta é unha lei que vai ter unha enorme repercusión para o futuro do país, toda vez que, desde o punto de vista cuantitativo, afecta ao dous terzos do noso territorio, e cualitativamente vai influír em todas as formas de desenvolvimento social, económico, industrial, urbanístico e cultural de Galiza

Esta incalculábel transcendencia é a que aconsella, mesmo que reclama, do maior consenso para que a Lei de Montes sexa a norma do conxunto da sociedade, satisfaga a todas as posíbeis actividades que se desenvolvan nos nosos montes, conxugue todos os intereses e represente unha posta en valor do rural galego e unha fonte de riqueza a todos os efectos. Na súa elaboración débense ter en conta, e ser coñecidas por todos, as achegas que moitas entidades – integrantes ou non do Consello Forestal – presentaron no prazo de alegacións. O debate ten que ser pousado, o máis participativo e o máis transparente posíbel. Débese, así mesmo, implicar na súa elaboración, aos colectivos de profesionais que traballan ou teñen relación directa co ámbito que se quere regular, colectivos que a estas alturas non teñen información case que de ningún tipo.

As catro organizacións pensamos que é necesario afondar mais no debate, abrir a participación a todas as entidades que manifestaron o seu interese por aportar achegas, procurar o maior consenso social posíbel e non incorrer no erro de aprobar apresuradamente unha norma de calado e impacto como a Lei de Montes de Galiza.

Pensamos que esta proposta non representa unha demora senón que significa unha aposta polo noso rural e por Galiza.

E por isto que lle instamos ao grupo parlamentar do BNG a que adoptara todas as medidas parlamentares que estiveran ao seu alcance co fin de conseguir que este proceso de discusión se abra á sociedade conseguindo con elo un debate mais participativo e transparente.