Comezan as Xornadas do Vacún de Carne da FRUGA

Estas Xornadas son preparatórias da Asemblea Xeral da FRUGA que se vai celebrar a primeiros de 2012.

Combinan o debate sindical coa formación técnica.

A Fonsagrada, 30 de novembro de 2011.- A Federación Rural Galega-FRUGA, está a desenvolver unhas xornadas técnicas e de debate sobre o sector do vacún de carne cun duplo obxectivo: por unha banda, trasladar unha série de técnicas e coñecementos que nos podan ser útiles no traballo diario nas nosas explotacións e na planificación dese traballo, e pola outra, acordar os temas e as liñas de actuación básicas a desenvolver colectivamente por FRUGA na situación actual.

Ler mais

Máis de 3000 sinaturas en defensa da Feira de Ámio

Só na mañá do sábado foron mais de mil as recollidas na Praza de Abastos de Compostela.

Organizacións sindicais apostan polo desmantelamento da Feira de Compostela, xustificando-se na forma de venda.

Compostela, 28 de novembro de 2011.- Apenas uns dias despois de ter comezado a campaña de recollidada de sinaturas, a Plataforma Cidadá de Apoio à Feira de Ámio amosa-se gratamente sorprendida pola boa acollida entre a cidadania de Compostela da campaña de defensa da súa feira e a permanéncia na cidade dunha actividade vital para o a pervivéncia e o desenvolvemento da actividade ganeira da comarca. Todo isto mentras a ofensiva contra a permanéncia da feira se agudiza coas declaracións feitas públicas polas organizacións agrárias con representación no Consello Agrário Galego.

Ler mais

FRUGA TENDE PONTES DE SOBERANIA ALIMENTAR ENTRE GALIZA E ANGOLA

Wilson Pegado con Xurxo Álvarez, Presidente da FRUGA, e Manuel Vázquez, da Rede Galega de Empresas.

O representante governamental angolano Wilson Pegado visita Galiza para estabelecer relacións comerciais e de colaboración entre as duas nacións.

Angola, fortemente comprometida co exercício da súa soberania alimentar, disposta a intercambiar producións e proxectos cunha nación coa que comparte moito mais que o seu idioma.

Compostela, 22 de novembro de 2011.– O representante da Delegación Angolana Wilson Pegado en compañía de responsables da FRUGA e Rede Galega de Empresas completaron unha intensa xornada de contactos con productores e empresarios do sector agroalimentario da provincia de Ourense. Asi durante a xornada entrtevistouse con distintos adegueiros do Ribeiro e Monterrei (Adegas Casal de Virmadeus, Pazo Valdeconde e Eloi Lorenzo), co responsábel da comercializadora de carne de ovino, COVIGA, Alfredo Márquez, cunha delegación de produtores e produtoras de pataca da Limia encabezados por Xosé Manuel Nieto, a empresa José Posada-Marrón Glace e finalmente Aceites Abril.

Ler mais

MILLEIROS DE PERSOAS POLA PERMANÉNCIA DA FEIRA DE GANDO EN COMPOSTELA

Compostela, 14 de novembro de 2011.- Na tarde do sábado perto de 3.000 persoas ateigaron as rúas de Compostela para protestar polo peche da feira de gando, convocados pola Plataforma Cidadá de Apoio à Feira de Ámio, da que fan parte diferentes colectivos e asociacións de Compostela e a súa comarca, entre eles a FRUGA. No decorrer da mesma corearon-se diferentes consignas pedindo a permanéncia da feira na cidade e criticando a actitude do rexedor municipal de Compostela, Gerardo Conde Roa.

Ler mais

MANIFESTACIÓN ESTE SÁBADO POLA CONTINUIDADE DA FEIRA DE GANDO DE ÁMIO

Representantes da Plataforma que se opón à eliminación da Feira foron recebidos este xoves na Sé Parlamentar do BNG.

A manifestación sairá às 5.30 da tarde da Alameda de Compostela.

FRUGA fai parte da plataforma que defende a continuidade da Feira semanal de Ámio, todo un referente a nível estatal.

O Partido Popular, neste caso con Conde Roa ao frente, continua coa súa política de destrución do agro galego.

 

 Compostela, 10 de novembro de 2011.- O mercado de gando de Compostela, situado en Amio, é o mercado de gando de todo o estado español que mais movemento económico xerou o ano pasado de 2010, ascendendo a cifra de negocio a 49 millón 336 mil euros, ficando por diante dos mercados de Torrelavega e de Pola de Siero, con 46 millóns 432 mil euros e 43 millóns 326 mil euros respectivamente e moi por diante do de Salamanca que só alcanzou a cifra de 16 millóns 347 mil euros. 

Ler mais