Vense de celebrar un curso de “Eficiencia enerxética nas explotacións leiteiras galegas” organizado pola FRUGA e polo GDR de A Mariña en San Cosme de Barreiros, onde asistiron gandeiros de A Mariña de Lugo interesados no aforro enerxético nas súas explotacións. Alí púxose de manifesto que, na situación de crise económica en xeral e do agro galego en particular, o aforro en enerxía é xa unha prioridade na produción de leite.
A Mariña, 7 de novembro de 2011.- A tendencia alcista dos prezos enerxéticos e un factor cada vez máis relevante nos costes de producción, xa que diversos estudos estiman nun 8% o porcentaxe do gasto de electricidade no total dos custos fixos na producción de leite.
As tres xornadas da acción formativa rotaron sobre tres eixos:
- As axudas ao aforro e eficiencia enerxética das distintas administracións públicas.
- A substitución de enerxías convenciónais por enerxías renovables.
- A recuperación da calor do sistema de arrefriamento do leite para a limpeza das instalación de muxido e para a calefacción da vivenda.
Para rematar, fixemos unha xornada práctica na Gandeiría Lodeiro, en Ría de Abres, Trabada, onde os seus titulares, Pablo Lombardía e Clara Basanta, ensináronos o sistema de recuperación da calor resultante do arrefriamento no tanque do leite e de cómo conseguen, sen precisar consumo enerxético, 350 litros de auga quente sanitaria a máis de 70 ºC en cada muxido, conseguindo deste xeito un considerable aforro ao non precisar gastar enerxía para quentar auga para a limpeza.