FRUGA TENDE PONTES DE SOBERANIA ALIMENTAR ENTRE GALIZA E ANGOLA

Wilson Pegado con Xurxo Álvarez, Presidente da FRUGA, e Manuel Vázquez, da Rede Galega de Empresas.

O representante governamental angolano Wilson Pegado visita Galiza para estabelecer relacións comerciais e de colaboración entre as duas nacións.

Angola, fortemente comprometida co exercício da súa soberania alimentar, disposta a intercambiar producións e proxectos cunha nación coa que comparte moito mais que o seu idioma.

Compostela, 22 de novembro de 2011.– O representante da Delegación Angolana Wilson Pegado en compañía de responsables da FRUGA e Rede Galega de Empresas completaron unha intensa xornada de contactos con productores e empresarios do sector agroalimentario da provincia de Ourense. Asi durante a xornada entrtevistouse con distintos adegueiros do Ribeiro e Monterrei (Adegas Casal de Virmadeus, Pazo Valdeconde e Eloi Lorenzo), co responsábel da comercializadora de carne de ovino, COVIGA, Alfredo Márquez, cunha delegación de produtores e produtoras de pataca da Limia encabezados por Xosé Manuel Nieto, a empresa José Posada-Marrón Glace e finalmente Aceites Abril.

Noutra xornada, desta volta en Pontevedra, a delegación angolana reuniuse con adegueiros das Rías Baixas e IXP Viños da Terra de Barbanza, onde ademais amosou o seu interese pola elaboración de conservas vexetais, contactando con elaboradores das mesmas.
Nas diferentes xuntanzas puidose comprobar o interesante potencial productivo da Galiza tanto en fresco como elaborado.

Angola supón despois da Sudáfrica o principal polo de emerxencia económica no conxunto da África Austral, que suma máis de 250 millóns de habitantes; en especial Angola demanda do exterior todo tipo de productos alimentarios xa que ainda está a completar unha transición técnicaproductiva para conseguir por en marcha o seus enormes recursos agropecuarios. De feito desde Angola non só hai interés en importar como tamén a posibilidade de acometer investimentos directos por parte de empresas galegas, e en especial a experiencia de importantes grupos de Ourense nos campos da producción agropecuaria, procesado e embotellado de auga, viticultura, aceite, etc.
A Rede Galega de Empresa como a FRUGA teñen proxectado para o ano próxima a realización da visita da delegación galega, onde haberá tamén responsables de empresas de Ourense, en especial no sector do viño, para o que hai que estudiar as posibilidades dese mercado relativamente novo actualmente con presencia maioritaria de Portugal e tamén doutros paises como Sudáfrica e Chile; os viños galegos poderían ter unha posibilidade certa de cubrir segmentos moi dinámicos de consumo tanto en cantidade como calidade. De feito o interese importador da delegación angolana centrouse naquelas producións imposíbeis de lograr ou cando menos que mais dificuldades representan a dia de hoxe no seu país, onde ademais só son capaces de producir apenas o 9% da seu consumo alimentar, o cal ademais de facelos moi dependentes estimula mais se cabe o seu esforzo e compromiso pola defesa da sua solberania alimentar e o estabelecemento de relacións comerciais en pé de igualdade entre as duas nacións.