Só na mañá do sábado foron mais de mil as recollidas na Praza de Abastos de Compostela.
Organizacións sindicais apostan polo desmantelamento da Feira de Compostela, xustificando-se na forma de venda.
Compostela, 28 de novembro de 2011.- Apenas uns dias despois de ter comezado a campaña de recollidada de sinaturas, a Plataforma Cidadá de Apoio à Feira de Ámio amosa-se gratamente sorprendida pola boa acollida entre a cidadania de Compostela da campaña de defensa da súa feira e a permanéncia na cidade dunha actividade vital para o a pervivéncia e o desenvolvemento da actividade ganeira da comarca. Todo isto mentras a ofensiva contra a permanéncia da feira se agudiza coas declaracións feitas públicas polas organizacións agrárias con representación no Consello Agrário Galego. Asi desde as filas de UUAA-UPA e XXAA-ASAJA aposta-se sen condicións polo desmantelamento de Ámio e o “traslado” a Silleda, con argumentacións localistas e mesmo tentando desviar o debate cara à pouca idoneidade do modelo de compra-venda utilizado na feira compostelana. Ao mesmo tempo desde o SLG-COAG aposta-se pola ambigüedade para asi manter duas posturas, segundo se atopen na comarca do Deza ou na de Compostela, mantras non fan nengunha declaración pública ao respecto.
Desde FRUGA, organización integrada na Plataforma desde a súa constitución, queremos denunciar este intento por parte destas organizacións de desacreditar a loita pola permanéncia da feira en Compostela, introducindo custións que non están agora sobre a mesa (como a forma de venda) e das que posibelmente haxa que falar no futuro, cando se garanta a continuidade da feira, ou posicións de carácter localista, algo ao que xá nos teñen acostumados e que só conseguen esteris enfrentamentos que lonxe de solucionar o problema, producen debilidade entre o sector e desunión, un dos principais problemas do agro no noso País. Ademais desde a FRUGA queremos lembrar que procesos de “concentración” como o que se pretende en torno às instalacións de Silleda debilitan ao sector desde o momento que se concentre a maior parte da actividade en torno a un modelo que, de fallar ou ter problemas, poderia levar à prática desaparición deste tipo de citas na xeografia galega.