As VII Xornadas Agrarias celebraranse en Pontevedra co viño como protagonista.

A viticultura centrará este ano o programa dunhas xornadas recuperadas por FRUGA para todo o País.

Compostela, 9 de decembro de 2011.- Tal e como fixéramos hai un ano en Melide, FRUGA volta editar as Xornadas Agrarias, que se van celebrar entre os dias 16 e 17 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Para notarse chega mandando nome, teléfono de contacto, e-mail a agv@fruga-galiza.org, a inscripció son 5 euros que inclúe o xantar. Hai actividades para os nenos/as durante o evento. Tamén anunciamos o Túnel do Viño que será a continuación das Xornadas no sábado á noite e no domingo na mañá con exposición e degustación de 60 marcas de 30 adegas do país, os inscritos nas Xornadas teñen aceso gratuito no sábado. Podes consultar o programa en breve na web da AGV: http://www.fruga-galiza.org/agv/