Asi, entre os produtos ofertados ocupan un lugar preferente os viños e licores dos produtores e produtoras agrupados na AGV-FRUGA.
Todos aqueles/as que participaran dos distintos cursos impartidos pola FRUGA en colaboración con FORGA poden beneficiar-se destas ofertas.
Compostela, 15 de decembro de 2011.- Como xa temos comunicado anteriormente, a FRUGA ten estabelecido un convénio de colaboración coa CIG, a través do cal as nosas organizacións teñen manifestado o seu compromiso no estabelecemento dun marco de relacións preferentes en campos, por exemplo como o da formación. Esta última recae na fundación criada pola CIG, FORGA, grazas à cal moitos e motas labregos e labregas teñen acedido a distintas propostas formativas por todo o País. Deste xeito, todos e todas aquelas que teñan asistido a estes cursos poden acceder en igualdade de direitos a estas ofertas que podedes coñecer accedendo a esta páxina. Ademais no catálogo de produtos e servizos ofertados ocupan un lugar preferente os viños e licores galegos procedentes dos produtores e produtoras da nosa organización, con importantes descontos que de seguro axudarán à promoción dos viños e licores elaborados na Galiza desde o compromiso e o bon facer dos nosos compañeiros e compañeiras asociados en torno à AGV-FRUGA.