Xornadas do Leite en Touro

Continuan os encontros sectoriais preparatórios da Asembleia Xeral da FRUGA que se vai celebrar a primeiros de 2012.

É compromiso de FRUGA revitalizar e reorganizar un sector vital para o noso agro.

Compostela, 15 de decembro de 2011.- Ao longo do sábado celebrará-se en Touro a primeira Xornada de debate e posicionamento do sector leiteiro de FRUGA, preparatória da Asembleia Xeral que se vai celebrar proximamente. Este primeiro encontro terá lugar en Touro. No mesmo, ademais de analisar a dificil situación actual dos gandeiros e gandeiras de vacún de leite na Galiza, definirán-se as posicións estratéxicas da nosa organización nun sectgor vital e fundamental na nosa estructura rural nacional. Movimentos “profisionalizantes” no sector asi como o entreguismo demostrado nos últimos tempo polos tres sindicatos de obediéncia española actuantes na Galiza fixeron que un dos sectores mais dinámicos do noso agro collera a senda da desorganización e o derrotismo, algo que desde FRUGA pretendemos analisar e correxir. Para iso son fundamental as aportacións dos gandeiros e gandeiras fartas do dirixismo de outras opcións sindicais, e de todos e todas aqueles/as dispostos a loitar por un agro galego dinámico e vivo, que poña por diante as persoas e os intereses colectivos das explotacións da Galiza frente a outras estratéxias que entregan e someten a soberania das nosas decisións a estratéxias deseñadas en Madrid.  Se estades interesados/as en participar do mesmo, é preciso que contactedes antes do 16 de decembro no número de telefone 981.558172.