FRUGA, CIG, ADEGA e ORGACCMM compartiron mesa para analisar a nova Lei de Montes e as súas consecuéncias.
FRUGA dá voz aos labregos e labregas do País nun frente comun contra unha Lei lesiva para o noso território e os seus habitantes.
Compostela, 19 de decembro de 2011.- Na mañá de onte e no marco da FEIRACTIVA celebrada en Arzua, celebrou-se a mesa redonda que baixo o título “A nova Lei Galega de Montes. Cara onde imos?” serviu para expor à sociedade a nosa visión dunha Lei que pode supor un antes e un despois nas políticas forestais galegas. Asi esta Lei, lonxe de correxir os erros históricos na xestión e regulación forestais no Pais, afonda neles para priorizar un monte abocado à produción de madeira “barata”, nomeadamente eucalipto, e que non ten en conta nen o seu carácter multifuncional nen outros usos que difiran dos intereses das grandes industrias que operan no mesmo. Asi a representación da FRUGA recaeu no noso coordenador Xeral, Manuel Da Cal.
No trascurso do debate deu-se conta, entre outras, das corenta e tres importantes modificacións na la Lei de Prevención de Incendios Forestais de Galiza, destinadas a favorecer a forestación irracional do territorio. Na súa intervención, Manuel da Cal debullou as principais consecuéncias que esta Lei traerá aos labregos e labregas da Galiza, entre elas e de xeito inmediato, o aumento de presión sobre a superfície agraria e, polo tanto, a extensificación e redimensionamento das explotacións agro-gandeiras, devida à nova porta aberta à forestación das terras agrárias. Asi esta Lei e a actitude de quen a executa serve para concluir a necesidade de elaborar políticas diametralmente opostas encamiñadas a protexer a nosa actividade agro gandeira e a dotarmo-nos de capacidade de decisión no marco da produción de alimentos da Galiza no que debe ser o exercizo da nosa soberanía alimentar.