Gandeiros/as da comarca debateron sobre o futuro do sector e a a nova PAC.
Compostela, 19 de decembro de 2011.- A xornada do sábado celebrou-se a primeira das asembleas dirixidas a gandeiros e gandeiras que adican a súa actividade à produción de leite. Asi no decorrer da mesma houbo tempo para abordar desde a dificil situación actual do sector, que asemella abandoado à sua sorte logo de deixar de ser prioritário para as organizacións agrárias de obediéncia española, representadas no Consello Agrário Galego, até a nova situación que se está a criar co novo modelo de PAC, asi como as alternativas sindicais que serán elevadas à próxima Asemblea Xeral da FRUGA, que se vai celebrar nas primeiras datas de 2012.