FRUGA recorreu toda a xeografia da província de Lugo con catro cursos sobre diversos aproveitamento do monte.
Os cursos, en colaboración coa FORGA, están a achegar a proprietários/as e comuneiros/as outro modelo de xestión forestal mais alá da mera produción de madeira.
Lugo, 20 de decembro de 2011.- A produción de cogumelos, o bioturismo, os pequenos froitos ou a gandeiria extensiva son algunhas das actividades complementares que estes dias proprietários/as e comuneiros/as das comarcas de Sárria, Lugo e A Mariña poideron coñecer de man da FRUGA no marco de catro cursos formativos celebrados nos concellos de Sárria, O Íncio, Lugo e Ribadeo. Malia o empeño da Xunta de desenvolver unha Lei de Montes que condea a Galiza a converter-se nun grande eucaliptal, desde a FRUGA amosamos que outra política para o monte é posíbel e, ademais, rendíbel. Asi se demostrou coa importante asisténcia de público e o interese demostrado no trascurso das distintas xornadas que finalizan mañá, 21 en Ribadeo. Estas actividades serven tamén para estabelecer relacións que van mais alá do formativo e que de seguro motivarán novas actuacións e colaboracións con entidades comunais e asociacións de proprietários que ven mais que nunca a necesidade de valorizar as suas producións ademais de recuperar e mesmo iniciar práticas complementares que fan dos nosos montes non só un espazo de produción de madeira, senon todo un abano de posibilidades que fan deles un lugar mellor, ecolóxicamente equilibrado e economicamente viábel.