Grande éxito das VII Xornadas Agrárias entre o sector viticola galego.

Perto de 200 persoas seguiron con grande interese unhas xornadas que xa son referéncia para o sector na Galiza.

O denso programa deixou tempo para o lecer e o intercámbio de opinións no “Tunel do viño”

Pontevedra, 21 de decembro de 2011.- A aposta por adicar en exclusiva esta edición das Xornadas Agrárias, recuperadas por FRUGA no ano pasado logo de anos de inactividade, a un sector tan específico como é o do viño trouxo como resultado un rotundo éxito de asisténcia que estivo perto de rebordar as mais entusiastas das previsións. Asi o Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu ao redor de 200 inscritos/as nunhas xornadas que conxugaron charlas e debates ao redor do mundo da viticultura galega, aspectos técnicos, situación das distintas D.O.e papel dos Consellos Reguladores, a reforma da PAC e como esta vai afectar à nosa actividade,… todo isto co colofón final do tunel do viño que puxo sobre o mantel 70 marcas de viños de 35 adegas do país, todas elas asociadas á AGV-FRUGA. Do acontecido neses dous dias de traballo e coas numerosas  e interesantes conclusións tiradas tanto polos ponentes como pola participativa asisténcia iremos dando conta en vindeiras datas.