Onte celebrou-se a Mesa Redonda coa auséncia do Alcalde de Compostela, a Cámara de Comercio e a Asociación de Hostalería.
Tanto a Cámara como a Asociación que agrupa a hostalaria compostelá desaproveitaron unha boa oportunidade para argumentar a sua oposición à continuidade da Feira.
Compostela, 27 de decembro de 2011.- O que teria que ser un foro no que as distintas partes argumentaran a respeito da continuidade ou non da Feira de Gando, logo da emisión de distintas notas de prensa por parte de colectivos mercantis e hostaleiros da cidade, asi como desde a própria alcaldia compostelá, ficou nun acto ao que só asistiron os e as integrantes da Plataforma. Asi, quen se opón à continuidade da feira perdeu unha boa oportunidade para expor-lle à sociedade os seus motivos para posicionar-se a carón do Alcalde no seu empecinamento en deixar a Compostela sen a sua feira semanal de gando. A urxéncia na convocatóroia deste acto non era casual: o dia 29, apartir das 17:30 da tarde debate-se, a instáncias do BNG, esta cuestión no Pleno Municipal da capital da Galiza, coa comparecéncia da Concelleira responsábel desta área de goberno, a Popular Reyes Leis.
Decepción entre os e as presentes.
Logo das duras críticas aos promotores/as da Plataforma e o incondicional apoio prestado ao Popular Gerardo Conde Roa por parte da Cámara de Comércio e a Asociación de Hostaleiros, boa parte dos e das asistentes reprochou a sua auséncia no que podia ser o espazo ideal para amosasen e argumentasen as suas posturas contrárias à feira gandeira. Desde a FRUGA en particular non podemos entender este desplante mais que como unha mostra de cobardia por parte de quen se apurou a prestar o seu apoio ao Alcalde nunha decisión que en princípio pouco pode afectar ao desenvolvimento das usas actividades, mais que como foco de negócio e fontes de ingresos ao que parez que están dispostos/as a renunciar, e que ainda non abriron a boca noutras desicións tomadas polo Alcalde e que si que van a ter a sua repercusión directa nos seus asociados e asociadas, como son a sua oposición à construción da nova estación internodal da cidade, fundamental para a mellora nas comunicacións na cidade, e, polo tanto, para a afluéncia de visitantes e potenciais clientes/as das usas actividades.