As últimas declaracións do presidente de Alimentos Lácteos, Eugenio Montero, desmarcándose do futuro desta empresa deixa en evidencia ao propio Conselleiro do Medio Rural.
Lugo, 2 de xaneiro de 2012.- En 2009, estando en venda a planta láctea de Outeiro de Rei (Lugo), un total de 23 cooperativas leiteiras, lideradas por FEIRACO, que era a única cooperativa galega que tiña experiencia na transformación de leite, presentaron un proxecto para facerse cargo da planta e así transformar parte do leite que xestionan.
Aínda que no seu momento era un proxecto empresarial que aportaba experiencia e aglutinaba unha boa parte do cooperativismo lácteo galego, desdopis dunha xuntanza entre o Conselleiro da Consellaría do Medio Rural (C.M.R.) e Antonio Pascual, Samuel Juárez conseguíu apartar a boa parte destas cooperativas para que finalmente quedaran só cinco, das cales era unha a que básicamente lideraba o proceso, A Arzuana, presidida por Eugenio Montero, teniente alcalde do Concello de Touro (A Coruña) polo Partido Popular e próximo a Romay Becaría, que finalmente sería o presidente da empresa que de aí xurdíu: Alimentos Lácteos.
Xa anaquel momento, a Federación Rural Galega-FRUGA advertíu da dubidosa viabilidade deste proxecto e sinalou que a decisión tomada correspondía, máis que a criterios técnicos e económicos, a que o caciquismo partidista se instalaba na CMR, debido á relación máis que evidente entre o Partido Popular e as cooperativas que finalmente constituíron Alimentos Lácteos.
No ano 2011, segundo datos do Rexistro Mercantil correspondentes ao 2010, facíanse públicas unhas perdas de Alimentos Lácteos de 3 millóns e medio de euros, contía incluso superior ao seu activo circulante co cal se demostraba a inviabilidade do proxecto, a pesar das cantidades que tiña inxectado a propia Consellería do Medio Rural.
Ante esta situación, Eugenio Montero cesa ao xerente de Alimentos Lácteos, Roberto Casas, namentras por unha banda sigue insistindo na viabilidade da empresa e por outro na cesesidade de conseguir captar capital foráneo. Todo isto vólvese subrrealista cando, nestes días pasados o proprio Eugenio Montes fai unhas declaracións nas que, ante preguntas sobre o futuro da planta de Outeiro de Rei, responde “eu non sei”, “eu non sei nada”, “eu non son quen”, en definitiva, o propio presidente de Alimentos Lácteos aparece desmarcándose da propia situación da empresa.
Nestes momentos, hai que ter en conta que tamén está no aire a situación de CLESA, cunha serie de cooperativas lideradas por FEIRACO que se quere facer cargo da planta, namentras que a C.M.R. di que a apoia o novo proxecto, aínda así, o tempo pasa e non se concretou nada.
Toda esta situación mostra o gran fracaso do Conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, no que ao sector de transformación de leite se refire, fracasando na xestión de Alimentos Lácteos e sen avanzar no futuro da planta de CLESA, por non falar do sector productor de leite, liquidando literalmente o que son os órganos interprofesionais constituídos no anterior goberno da Xunta como pode ser a Mesa do Leite.
Por todo isto, desde a Federación Rural Galega-FRUGA pedimos a demisión do Sr. Juarez, xa que en ningún momento estivo á altura do que o sector lácteo galego demanda e ademáis, se é certo, tal e como se rumorea, que acabará ocupando outro cargo en Madrid, enténdese que esta política nefasta para o sector leiteiro galego é a que fai que consiga un ascenso, deste xeite ben se ve cal vai ser, de aquí en diante, a defensa do sector desde o Goberno central.