FRUGA recrimínalle a Feijoo a eliminación da Consellaria do Medio Rural

A política de méritos iniciada por Feijoo coa chegada de Rajoy à Moncloa, asi como a concepción da política galega como um simples trampolín para “ascender” na política madrileña  evidencian o nulo ineterese do PP polo rural e pola Galiza en xeral.

Non parece casual que esta reforma liquide precisamente á agricultura e á cultura das prioridades de Feijoo, cando son dous dos principais sinais da nosa identidade nacional.

Compostela, 4 de xaneiro de 2011.- Na xornada de onte saltaba às portadas dos xornais a remodelación do Goberno Galego logo da “chamada a filas” de vários dos e das suas inetegrantes polo executivo que dirixe Mariano Rajoy.

En primeiro lugar dicer que é lamentábel e proboca vergoña allea a actitude dos e das chamados por Rajoy, ao valorar este cámbio de responsabilidades como um “ascenso” que en todo caso os enche de orgullo e de satisfacción, e que leva a que o próprio Presidente da Xunta califique aos seus colaboradores como “canteira” da política madrileña, dexando claro que os que “xogan” aqui fano na segunda división, e que a chamada á “primeira equipa” é un honor e un recoñecimento às políticas aplicadas na Galiza polos populares. Isto evidéncia o desprezo que sinten polo País e a concepción provinciana da política que rezuma o PPdeG, que lonxe de entender a acción política na Galiza como un compromiso coa sua cidadania enténdea como un trampolín para aceder a empresas maiores, como se a defensa da Galiza e dos seus sectores produtivos foran un trámite a esperas da chamada do “mister” da primeira equipa.

Mais preocupante é ainda, se cabe, a eliminación da Consellaria do Médio rural, especialmente neste momento em que se está a xogar o futuro da actividade agrária e gandeira no País coas negociacións cara á iminente reforma da Política Agrária Común. Este xesto de desprezo cara o rural do Presidente Feijoo, que responde nen mais nen menos que a consignas emanadas do Goberno Central, deixa en difícil posición non só aos activos e activas da actividade agrogandeira, senon a unha parte importantísima da poboación da Galiza e a mais do 85% do noso território. Novamente empeñanse en confundir “austeridade” co desmantelamento da Adminitración Galega e o paso a segundo plano nas prioridades politicas dos sectores produtivos neste país, algo difícil de explicar cando son fundamentais se o que se pretende é sair da situación de crise na que estamos e que precisan da intervención permanente e atenta das nosas adminitracións.

Desde a Federación Rural galega – FRUGA solicitaremos de inmediato unha reunión coa nova responsábel da Xunta en matéria agrária para coñecer de primeira mao o lugar que o rural vai ter na sua axenda asi como para comprobar se, como o seu anterior responsábel, o Sr. Juarez, tamén está de paso e seguirá na sua liña de inacción total, mentras olla como o rural segue esmorecendo con rátios cada vez mais altos de despoboamento, unha poboación cada vez mais avellentada e un recorte continuo e incesante de servizos e atencións. Desde logo o início non é nada bo.