Durante a xornada de onte repartíronse pola vila panfletos anónimos defendendo a instalación da incineradora e a xestión do Alcalde do PP.
Este tipo de actuacións son habituais e amosan o desprezo de quen as executa à intelixencia dos seus veciños e veciñas.
Compostela, 31 de xaneiro de 2012.- Concretamente foi no Centro de Saúde do irixo onde se repartiron os primeiros panfletos excamiñados a “explicar” as bondades da incineración de lixo, e concretamente, a planta que se pretende instalar no concello do Irixo, asi como à exaltación do alcalde e o seu bon facer ao frente do concello durante estes últimos 20 anos.
Ainda que o escrito roza o surrealismo e mesmo poderia ser interpretado facilmente en clave humorística, non podemos esquecer e debemos denunciar que se trata dun intento de manipular a realidade sobre este tipo de xestión de resíduos asi como un recordatorio do necesário servilismo e submisión a un alcalde, Manuel Penedo, ao que xá deixaron só até os alcaldes do seu mesmo partido nos concellos lindeiros ao Irixo.
Desde a FRUGA, organización que desde o primeiro dia acudiu en apoio dos veciños e veciñas da comarca e en defensa da sua actividade agro gandeira, agora posta en perigo por este atentado ambiental en cernes, non podemos mais que condear este grotresco intento de manipulación que non fai mais que indignar aos seus destinatarios e destinatarias e reforzar a nosa oposición a converter o Irixo nun grande deserto de lixo.