Quebrou seriamente a necesaria confianza á súa máxima representación pública dentro do sector vitivinícola de Monterrei
A actuación ética e responsábel pasaría pola súa dimisión inmediata.
Monterrei, 27 de febreiro de 2012.- Recentemente tense informado do arquivamento por parte da Consellería de Medio Rural e Mar dun procedemento por “suposta actuación fraudulenta” na DO Monterrei. En todo este tempo é sabida a existencia de graves fallas no que respecta aos procedementos legais que se establecen para o propio Consello Regulador e seu Organo de Control. Ademais alterouse a independencia debida entre Consello Regulador e Organo de Control, como así establece a propia Lei de Defensa da Calidade Agroalimentaria de Galicia, e deuse luz pública a un proceso no que non se gardou a debida discrecionalidade e privacidade no que respecta a posibles “ non conformidades” a actuacións dentro do propio Consello Regulador, discrecionalidade que garanta os dereitos de calquera dos integrantes da DO, e na apropiación de funcións que non competen ao propio Consello Regulador, que foron tamén expostas na contestación da Consellería de Medio Rural.
E por todolo exposto que a FRUGA (Federación Rural Galega) demanda unha asunción inmediata de responsabilidades por parte do actual Presidente do Consello Regulador, responsabilidades que deberían pasar pola dimisión do dito cargo ao entenderse que se quebrou seriamente a necesaria confianza á súa máxima representación pública dentro do sector vitivinícola de Monterrei.