A convocatoria de Folga Xeral para o 29 de marzo contará co apoio do sindicalismo agrario nacionalista, encarnado na FRUGA
Compostela, 27 de febreiro de 2012.- A Federación Rural Galega asistiu ao encontro auspiciado pola CIG co gallo de dar a coñecer às organizacións sociais e políticas da Galiza as motivacións que levan à central nacionalista à convocatoria dunha folga xeral para a xornada do 29 de marzo. No trascurso da mesma apresentouse o manifesto que agora estudan as organizacións asistentes, aberto às nosas achegas co obxectivo de acadar unha contestación social ampla e contundente à reforma proposta polo Partido Popular.
Desde a Federación Rural Galega aplaudimos a convocatória da Folga no dramático cenário que deixa unha reforma que ven afondar, ainda mais, nas penurias das clases populares do país e dos nosos direitos sociais adquiridos tras anos de loitas e sacrifícios. Desde aqui anunciamos a nosa adesión e apoio à convocatória, e a nosa intención a colaborar desde xá para que a xornada do 29 de marzo sexa un éxito das clases traballadoras da Galiza, e marque un ponto de inflexión na imposición das politicas neolibrais que nos levan à ruina económica e social.